Saltar ao contido principal

A CIG REXEITA A NOVA REDACCIÓN DA REGULAMENTACIÓN DE SUBSTITUCIÓNS

A CIG rexeita a nova redacción do artigo cuarto da normativa de substitucións e solicita que se elimine o requisito dos seis meses en todo caso. Tamén solicitamos a eliminación dese requisito para as comisións de servizo, dado que estas posibilitan que xente destinada fóra de Galiza poida regresar antes; a persistencia deste requisito favorece a non cobertura das prazas

O posicionamento da CIG e a redacción proposta baseanse nos seguintes argumentos:


1.- Non se penaliza así só a aquelas persoas que por vontade propia renuncien ao posto, senón tamén, entre outras, a aquelas persoas que se moven nun concurso de traslados mentres non leven 6 meses no novo posto.
 

2.- Se o que se quere é penalizar á xente que cesa por vontade propia, só se precisa aplicar o xa disposto no artigo sétimo apartado 2 : “En todo caso, a renuncia a unha substitución, unha vez adxudicada esta, será penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o período dun ano”.
 

3.- Pode dar lugar a situacións dispares, como no exemplo seguinte:
Se estou nunha substitución e me dan no concurso, pero para a miña praza ou para a praza na que estou de substituta ven unha persoa de reingreso que toma posesión o primeiro día, eu ceso na substitución por incorporación do titular. Despois voume no concurso e xa non teño que estar os seis meses sen poder pedir outra. Mais se en vez de por reingreso a persoa que ven a ocupar a praza na que estou de substitución o fai nos prazos do concurso, eu terei que cesar antes da súa toma de posesión e, polo tanto, xa non poderei solicitar outra en seis meses.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1XTQjDnhigNTt4oYxvFQjD9Wz6b1J4E4P/view?usp=sharing

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr