As xuntas sectoriais de xuízas/es de instrución demandan da Xunta que se faga efectiva, “de maneira inmediata”, a partida orzamentaria necesaria para a implantación das gradas de 24 horas en Vigo e na Coruña, pois o Ministerio de Xustiza xa incluíu a partida correspondente nos orzamentos do estado para 2022. Lembran que son os únicos partidos xudiciais do Estado que, coas súas características, carecen do sistema de quenda rotatoria diario e realizan gardas semanais. O TSXG xa informara en 2019 de forma favorable á implantación desta medida, que conta tamén co aval do CXPX.
Comentarios
Publicar un comentario