Saltar ao contido principal

CAMPAÑA ANUAL DE VIXILANCIA DA SAÚDE - RECOÑECEMENTOS MÉDICOS

No DOG do 1 de febreiro publicouse a RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2022 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no Portax (Portal do empregado público da Xunta de Galicia) ou do Opax (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza).
 

A inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a tramitación da solicitude.
 

Toda inscrición xerará un xustificante do consentimento, que se deberá presentar o día  concertado para realizar a vixilancia da saúde.
 

O prazo de inscrición rematará transcorridos 4 meses contados a partir do día seguinte  ao da publicación da resolución no DOG (ATA O 2 DE XUÑO), agás para o persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais. 

Ligazón DOG: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220201/AnuncioG0595-270122-0002_gl.pdf 

Ligazón petición cita OPAX:

https://www.xunta.es/sxpa/AIX/


Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.