Saltar ao contido principal

CÚMPRESE O DITO POLA CIG NA TRAXECTORIA PROFESIONAL

A pesares dos moitos e furibundos ataques lanzados desde as centrais sindicais asinantes do acordo da traxectoria profesional en xustiza, estase a ver como, pouco a pouco, vanse cumprindo todas e cada unha das afirmacións realizadas pola CIG, en base as sentenzas gañadas, tanto no ámbito autonomico como no propio ámbito da xustiza. A CIG pelexou dende un primeiro momento por que se fixera un acordo igualitario para todas as traballadoras/es da Admón. de Xustiza, que non discriminara a ninguen e, soamente a través dos tribunais, fumos quen de ir acadando o noso obxectivo. Coa recente modificación da Lei de Emprego Publico de Galiza vaise achandando de xeito definitivo a posibilidade de que o persoal interino poida conquerir, en iguadade de condicións que o persoal de carreira, o acceso á traxectoria profesional. E certo que a lei de emprego publico non nos é directamente aplicable pero isto e un paso fundamental para que a Direccion Xeral de Xustiza abandone os recursos de casacion presentados e modifique dunha vez a normativa existente para permitir ao persoal interino de xustiza o acceso á traxectoria profesional.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1lAQK5YPOGonZBRhiSPjjI-iS_V0zYmRy/view?usp=drivesdk

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.