Saltar ao contido principal

FORMACIÓN PRESENCIAL PARA A ADMINISTRACIÓN XUDICIAL ELECTRÓNICA

O 14 de febreiro comeza o Plan de Reforzo Presencial do coñecemento AXE nos órganos da Administración de Xustiza en Galicia. A partir deste día, haberá actividades presenciais cos seguintes obxectivos:

  1. Consolidar o coñecemento e uso operativo da AXE.
  2. Difundir boas prácticas e eliminar outras que teñen impacto sobre a correcta constitución do expediente xudicial electrónico, en base aos informes e auditorías de bo uso das ferramentas da AXE.
  3. Indicar onde atopar os recursos formativos e de apoio dispoñibles online e recoller as túas inquedanzas e necesidades formativas.
Contidos do Plan de Reforzo Presencial:
  1. Repaso de uso do tramitador MINERVA
    • Rexistro con NIG único. Revisión e aclaración do concepto. Procedementos inhibidos.
    • A importancia da calidade dos datos dos participes e intervenientes nos expedientes. Dar de alta e asignar ben. Datos identificadores cubertos.
    • O uso de axenda de sinalamentos. Obrigatoriedade e impactos do mal uso.
    • Como integrar documentos escaneados, orde e probas gráficas e vídeos, ou outra documentación. Uso do zip en Minerva. Tipos documentos que non se ven no Visor.
    • Rexistro de acontecemento en Minerva. Uso das categorías e impacto no Visor.
    • Itinerar e notificar telematicamente. Asignación do tipo de acto e incorporación da documentación. Impactos do mal uso.
  2. Portasinaturas
    • Repaso das funcionalidades básicas.
    • Xestión dos documentos non firmados ou rexeito.
  3. Vistas e uso das gravacións
    • Visión do fluxo completo e do cumprimento das etapas: Uso de calendario sinalamentos e datos no eFidelius para integración dos vídeos no visor.
  4. Repaso Visor
    • Uso dos filtros e os seus efectos en las descargas.
    • Uso do calendario.
    • Descarga de expedientes e gravacións. Uso e recomendacións.
  5. Como xestionar e compartir o expediente administrativo
    • Visión do fluxo completo.
  6. Videoconferencias
    • Usos da videoconferencia e a súa gravación.
  7. Difusión e animación do coñecemento
    • A Intranet: espazos de información e coñecemento.
    • Autoformación e espazos para o saber: pílulas de coñecemento.
    • Formación inicial e incorporacións ao órgano.
  8. Uso do Navegador único Microsoft Edge
  9. Recollida de información implantación AXE
    • Nivel e forma de dixitalización e incorporación de documentación en Minerva.
    • Estado dos documentos en Minerva.
    • Comprobar o modo de realización das comunicacións: en papel, físicas en formato dixital e telemáticas.

O devandito plan, complétase con estas pílulas formativas online de acceso aberto, que che solventarán as dúbidas relacionadas coas funcións que desempeñas no día a día no teu posto de traballo.

Tamén podes consultar a data prevista para o teu órgano na axenda.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr