Modifícase a Resolución do 7 de maio de 2008 de substitucións nos seguintes termos:
Primeiro. O artigo cuarto queda redactado como segue: «Cuarto. Requisitos dos solicitantes
- Poderán solicitar as substitucións, con exención de funcións nos seus postos, os funcionarios de carreira dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza con destino en órganos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que estean en situación de activo, prestando efectivamente servizos en xulgados, tribunais, fiscalías ou outros órganos da Administración de xustiza, e leven un mínimo de seis meses continuados no posto de traballo desde o cal participan na convocatoria, ben sexa con carácter definitivo, ben provisional.
- No caso das substitucións verticais, para ser nomeado substituto no corpo inmediatamente superior será preciso estar en situación de servizo activo nun posto de traballo dalgún dos centros de destino a que se refire o anterior parágrafo e estar en posesión da titulación académica exixida para acceder ao posto superior que é obxecto de substitución.
- No caso de persoas que cesen nunha substitución por incorporación do/da titular ou remate da causa que a motivou, non será exixible que leven un mínimo de seis meses continuados no posto de traballo desde o cal participan na convocatoria»
Ligazón DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220216/AnuncioG0595-080222-0002_gl.pdf
Ligazón texto refundido Resolución substitucións:
https://drive.google.com/file/d/1sP_D8PFtcmQHOesnRxoLy-FIghyF8fCD/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario