Saltar ao contido principal

ACORDO CO MINISTERIO DE XUSTIZA - OPE’s 2019 - 2020 - 2021 e 2022

A CIG VEN DE ASINAR UN ACORDO CO MINISTERIO DE XUSTIZA PARA O DESENVOLVEMENTO DOS PROCESOS SELECTIVOS DAS OPE’s 2019 - 2020 - 2021 e 2022.

Promoción Interna:
Convocaranse antes de que remate o mes 402 prazas de XPA e 583 de TPA. Estas prazas son froito da acumulación das OEP 2019 (reposición e estabilización) e 2020 e 2021 (reposición). As condicións desta convocatoria son as mesmas que para as OPE’s 2017-18, polo que se inclúe a reserva de nota das aspirantes que superaran a fase de oposición.

Á OPE 2022 de promoción interna engadiránselle, cando menos, 565 prazas. Estas prazas corresponderían á convocatoria adicional e extraordinaria recollida no acordo subscrito en decembro de 2018 entre o Ministerio de Xustiza e CSIF, STAJ, CCOO e UGT; convocatoria que debería simultanearse cos procesos selectivos da OPE 2019 pero que, por desleixamento das asinantes, hoxe, a piques de caducar, non se iniciou o trámite preceptivo ante Facenda. Tal  e como se reflicte no acordo deberán convocarse antes de abril de 2023 e, nas mesmas condicións das OPE’s 2017-18, salvo que desta volta as preguntas erradas non penalizarán.

Negociarase a modificación da LOPX (artigos 442 e 490) para a mellora das condicións da promoción interna. Dende a CIG, insistiremos na recuperación do 50%, incluíndo a promoción interna de XPA a LAX.


Quenda Libre:

OPE 2019 (440 XPA, 1017 TPA, 1043 AX e 47 MF) acumularase á estabilización da OPE 2022 (pendente de cuantificar). Reservarase a nota da fase de oposición das OPE’s 2017-18.

OPE’s 2020, 2021 (807 XPA, 846 TPA, 422 AX, 64 MF) e 2022 (pendente de cuantificar). Negociarase de xeito conxunto a data, o sistema selectivo e as bases da convocatoria aplicable a estes procesos selectivos.


Concurso de traslados:

Ábrese a posibilidade dunha convocatoria extraordinaria. Garántese tamén que as prazas teñan que ser ofertadas en concurso de traslados con anterioridade a poder ser ofertadas ás funcionarias/os que superen as OPE’s recollidas no acordo.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1WXmU6eDQ6HIEB0FxM4Nt2udROmrj6E-O/view?usp=sharing

Ligazón Acordo:

https://drive.google.com/file/d/1r1yB_FJeu4yBZ1eVa01kHFfnB-C1l3ay/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr