Publicouse
na intranet a Resolución coas adxudicacións das últimas prazas
ofertadas o pasado 25 de febreiro, para a súa cobertura mediante
substitución entre titulares. Podedes comprobar tamén dita adxudicación
na ligazón que vos deixamos abaixo.
A
incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de
efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de
substitución.
Para
a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia
asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria,
dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por
correo electrónico ao enderezo servicio.persoal.xustiza@xunta.gal nesa
mesma data.
A
renuncia á substitución adxudicada pola presente Resolución, será
penalizada coa imposibilidade de obter unha nova substitución durante o
período dun ano.
Ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1PSLm8SzjqtuoKUDffd4NZ_OUqleUMgfH/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario