Saltar ao contido principal

COMISIÓN PARITARIA DE SEGUIMENTO DO ACORDO DE 15 DE DECEMBRO

A CIG, xunto coa CSIF, STAJ e UGT, participou na tarde deste mércores na comisión paritaria de seguimento do Acordo da Mesa Sectorial da Administración de Xustiza sobre o incremento no complemento específico do persoal do ámbito de competencia do Ministerio de Xustiza, adecuación salarial do Corpo de Letrados da Administración de Xustiza en relación coas novas funcións asumidas por este Corpo nas reformas procesuais e organizativas e desenvolvemento da negociación colectiva en materia organizativa e condicións de traballo na Administración de Xustiza.

Constituíronse os grupos de traballo do anteproxecto de Lei de Eficiencia Organizativa e da Carreira Profesional. Tamén se deu por constituído o grupo de traballo sobre a implantación do novo modelo de Rexistro Civil. (letras A, C e E do punto sexto).


Sobre a Lei de Eficiencia Organizativa e da Carreira Profesional, o Ministerio quere presentar o anteproxecto no Congreso en maio, polo que as reunións  deste grupo terán unha periodicidade maior e xa quedamos emprazados para o día 29. Este mesmo día tamén comezará o diálogo sobre o novo Regulamento do Rexistro Civil.
 

Respecto da adecuación salarial do Corpo de LAX (punto cuarto), o Ministerio informa que xa ten o informe favorable de Facenda e que está agardando polo do CXPX. Unha vez recabado, procederán a envialo ao Consello de Ministros para a posterior publicación no BOE. Contan poder facer efectivo o pagamento xunto coa nómina do mes de abril.

Ligazón Folla Informativa:

https://drive.google.com/file/d/1CzUMktadva0RGubU8ugxkYHmOGy6DGCZ/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr