Nas ligazóns que figuran nesta información figura a información dirixida ao persoal que se incorpora a un novo posto dentro da Administración de Xustiza en Galicia.
Nos próximos días o persoal afectado recibirá información sobre a forma de acceder ao Curso online de Incorporación ao Órgano Xudicial. Esta capacitación realizarase a través da Canle de formación online, a plataforma de Teleformación de Xustiza Dixital.
Se xa hai traballadoras/es incorporados ao seu posto e necesita facer chegar unha petición de formación de benvida, ou se quere formular algunha pregunta sobre o curso, pode empregar o formulario de Axudot.
Ligazón Guía de Acollida:
Comentarios
Publicar un comentario