Saltar ao contido principal

INSTRUCIÓNS A SEGUIR NOS CESAMENTOS E TOMAS DE POSESIÓN DO CONCURSO

O vindeiro 14/03/2022 está previsto que se publique no BOE e mais no DOG a Resolución do 2 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso de traslados entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado mediante a Resolución do 30 de setembro de 2021 da Dirección Xeral de Xustiza (DOG núm 197. do 13 de outubro de 2021).Consonte con iso, establécense na Instrución que vos deixamos na ligazón, os criterios a aplicar en relación aos cesamentos e tomas de posesión.

Segundo nos comunicou a administración, os reingresados non cesan, soamente toman posesión, e se lles fai unha excedencia no corpo que deixan o mesmo día da toma de posesión no corpo ao que ascenden. Teñen 20 días hábiles para tomar posesión a partir do mesmo día da publicación, polo que poderán tomar posesión a partir do mesmo 14 de marzo.

E moi importante para o persoal de fora da comunidade autónoma que, no día seguinte ao cesamento na súa comunidade de orixe, tal e como se establece na epígrafe 7 da Instrución de 8 de marzo de 2022, remitan por correo electrónico a documentación indicada para poder tramitar a súa alta, no seu caso, na Seguridade Social en Galiza (funcionarios de carreira posteriores ao 01-01-2011), a fin de que haxa continuidade na súa vida laboral.

1) Persoal procedente de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia

  • Fotocopia do DNI
  • Cese
  • Certificado ou copia dos trienios recoñecidos
  • Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios)
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria onde conste o nº de afiliación da Seguridade Social (únicamente para ingresos posteriores ao 01/01/2011) e fotocopia da tarxeta de MUGEJU
  • Certificación das vacacións e días de asuntos particulares gozados na Administración da que procedan. A certificación deberá indicar os días de vacacións e asuntos particulares correspondentes a 2020 que, no seu caso, estean pendentes de desfrutar por razóns xustificadas
  • Modelo 145 (IRPF)

2) Persoal con destino na Comunidade Autónoma de Galicia

3) Persoal que obtén destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia

O persoal que obteña un novo destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, no momento de formalización do cesamento, deberá facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario.

Tamén deberá facer entrega desta no caso de non ter que formalizar cesamento algún por reingresar fóra da comunidade autónoma nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos.

Así mesmo, no caso de contar coa tarxeta de identificación especial por razón do destino que viña desempeñando, deberá devolvela ao servizo de persoal correspondente.

Ligazón Instrución:

https://drive.google.com/file/d/1gx4RC7f2pJE3iQPPSBMlUa_p_yMwQo7u/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.