Saltar ao contido principal

OFERTA DE PRAZAS DE PERSOAL INTERINO SPEG - TRAMITACIÓN - CARBALLO

Identificador da oferta:
12/2022/2616
Detalles:
Requírese unha praza tramitador/a procesual (c1) para a localidade de carballo requisitos nivel formativo mínimo: bacharelato ou equivalente e ter acreditado na súa demanda de emprego os seguintes dous requisitos: a) Superación de exame nas oposicións ás categorías de xestión procesual, tramitación procesual ou auxilio xudicial da administración de xustiza dende o ano 2008. (código 39). b) Experiencia laboral mínima de 2 meses nas categorías da administración de xustiza: xestión procesual, tramitación procesual ou auxilio xudicial (código 40). Estes requisitos/códigos deben constar na demanda de emprego para incorporar a súa candidatura ás ofertas. No caso de que non consten, deberá pedir cita na súa oficina de emprego para acreditar estes datos. Enviaranse 5 candidaturas por posto que cumpran todos os requisitos por orde da súa data de inscrición nos servizos públicos de emprego. De non existir suficientes candidaturas con todos os requisitos, completarase, ordenadas pola súa data de inscrición nos servizos públicos de emprego, coas candidaturas que teñan acreditado o requisito de experiencia (40) e posteriormente coas candidaturas que teñan acreditado a superación de exames (39).


 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.