Saltar ao contido principal

RELACIÓN DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS LETRADAS/OS - OEP 2021

Publicouse no BOE a Orde  JUS/225/2022, do 17 de marzo, pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos ao proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre e promoción interna, no corpo de letrados da administración de xustiza, convocado por orde  JUS/1523/2021, do 3 de decembro.

 
As listas certificadas completas quedarán expostas ao público na páxina web do Ministerio de Xustiza, na Oficina Central de Información e Atención ao Cidadán do Ministerio de Xustiza, rúa A Bolsa, número 8, Madrid, e no punto de acceso xeral (www.administración.gob.es). Con obxecto de evitar erros, e no suposto de producirse, posibilitar a súa corrección en tempo e forma, as persoas interesadas comprobarán que non figuran na relación de excluídas e ademais, que os seus nomes e demais datos constan correctamente na relación de admitidas na quenda solicitada. 
 
O prazo de dez días hábiles, para corrección de defectos, comprende desde os días 28 de marzo ata o 8 de abril, ambos incluídos.
 
A corrección da instancia realizarase a través do servizo de Inscrición en Probas Selectivas ( IPS) do Punto de Acceso Xeral, http://administracion.gob.es/pag/ips.
 
Tamén se publicou a Orde  JUS/226/2022, do 17 de marzo, pola que se nomea o Tribunal cualificador  n.º 1 do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre e promoción interna, no Corpo de Letrados da Administración de Xustiza, convocado por Orde  JUS/1523/2021, do 3 de decembro.


Ligazón BOE:

https://www.boe.es/boe/dias/2022/03/25/pdfs/BOE-A-2022-4752.pdf

Ligazón listaxes quenda libre:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/SJL_General.pdf

Ligazón listaxes promoción interna:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/SJPI_General.pdf 

Ligazón tribunal cualificador:

https://www.boe.es/boe/dias/2022/03/25/pdfs/BOE-A-2022-4753.pdf


Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.