Convocouse no marco do Ciclo de conferencias sobre Presente e futuro do emprego público na Administración post-COVID o webinario "PROPOSTA DUN NOVO MODELO DE EMPREGO PÚBLICO". O obxectivo deste webinario é dar resposta á necesidade de que o emprego público siga evolucionando para adaptarse ás novas exixencias e retos, ofrecendo a proposta dun novo modelo baseado en competencias e ámbitos funcionais que permita transformar desde os sistemas de selección, ata a carreira profesional e a avaliación do desempeño.
Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Ligazón DOG:
Comentarios
Publicar un comentario