Saltar ao contido principal

A XUSTIZA VOLVE A DAR A RAZÓN Á CIG SOBRE A TRAXECTORIA PROFESIONAL

Por un lado, o Tribunal Superior de Galiza confirmou en varias sentenzas, tanto de Xustiza como da Administración autonómica, ditadas unhas en primeira e outras en segunda instancia, o criterio defendido pola CIG sobre a carreira e a traxectoria profesional, polo que en breve as compañeiras e compañeiros interinos demandantes poderán pedir a execución das mesmas e participar, desde o primeiro momento (xaneiro 2020), no procedemento extraordinario do grao I,  ao contrario do que algunhas centrais sindicais estan a vender como un gran logro, a partir de xaneiro de 2022. Que lles expliquen aos seus afiliados e ao resto de traballadores interinos que non recurriron, porque van a perder, gracias a eles, as retribucións de dous anos de traxectoria profesional.
Por outra banda, o Tribunal Supremo ditou un Auto polo que REXEITA o recurso de casación interposto pola Xunta de Galiza contra a sentenza gañada pola CIG contra a Orde da carreira profesional da Administración autonómica, polo que é só cuestión de tempo que faga o mesmo co recurso de casación prantexado pola Dirección Xeral de Xustiza contra a sentenza gañada pola CIG contra a Orde da traxectoria profesional.
Agardamos que o relevo tanto na Xunta como na Dirección Xeral supoña tamén un cambio na política levada a cabo ata agora e desistan desta actitude torpedeadora, patrocinada e promocionada por algunhas centrais sindicais.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1PNyaTt2b7DMJS3fNUtvlJyaiH_0wGi4S/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.