Saltar ao contido principal

COMUNICADO DESMONTANDO AS TÁCTICAS CACIQUÍS DE SPJ-USO

Ante o furibundo ataque perpetrado contra nós polo seudo-sindicato SPJ-USO, na súa nota informativa do 13 de maio, a CIG non pode deixar que se siga a mentir e se nos ataque dese xeito, polo que nos vemos na obriga de realizar este comunicado para desmontar, unha por unha, o feixe de mentiras verquidas na citada nota informativa ao máis puro estilo caciquil e servil que ven amosando esta central sindical, actuando como un verdadeiro sindicato de empresa.

Primeiro.- A CIG ten que recorrer nos tribunais o incumprimento da legalidade por parte da administración, ao negarse esta a acatar a mesma a través da vía negociadora. Nós non quixeramos ter que recorrer aos tribunais pero a administración, coa complacencia e beneplácito de sindicatos como SPJ-USO, saca adiante normativas que incumpren a legalidade e que este sindicato vende como logros dunha aparente negociación colectiva, que non o é en absoluto.

Segundo.- A CIG non recorreu a traxectoria profesional como tal, se non que simplemente recorreu aqueles artigos que ían en contra da legalidade e que excluían ao colectivo de traballadoras interinas/os da percepción deste complemento salarial. Se a CIG non houbera interposto os recursos pertinentes, a día de hoxe o persoal interino non tería recoñecido aínda ese dereito, como os tribunais finalmente acreditaron, dándonos a razón plenamente.

A traxectoria profesional seguiu pagándose, loxicamente, porque os nosos recursos non impedían dito pagamento e a CIG gañou as sentenzas para que finalmente o persoal interino puidera percibir tamén ese complemento. E máis, aquelas traballadoras/es afiliados a nosa central sindical, que nos fixeron caso e que confiaron na nosa correcta interpretación da norma, percibirán a traxectoria profesional desde o primeiro momento no que se ditou esa normativa. ¿Acaso as afiliadas/os interinos de SPJ-USO non reclamaron o seu dereito á percepción dese complemento desde o inicio da traxectoria profesional? Pois se non o fixeron foi porque o seu sindicato os enganou vilmente e, se o fixeron, é porque confiaban en que a CIG lles sacaría as castañas do lume cos seus recursos.

Terceiro.- Finalmente a CIG tampouco vai recorrer as resolucións de substitucións e de comisións de servizo como tal, entendendo que deben anularse completamente ditas regulacións porque estamos en contra das mesmas, se non que simplemente queremos que se cumpra coa legalidade, fixada neses casos na LOPX e no regulamento orgánico. Ambas resolucións están a incumprir en parte do seu articulado o establecido para todas/os nós na normativa vixente, beneficiando a uns poucos en prexuízo da maioría, amoldando dita lexislación a uns intereses particulares e partidistas que en ningún caso poden formar parte dunha administración pública. Nun exercicio de funambulismo a administración pretende prover os postos de traballo vacantes e baleiros por ausencias de longa duración dun xeito contrario ao fixado nos artigos 73 e 74 do regulamento orgánico. Isto non quere dicir que a CIG, co seu recurso, estea en contra das comisións de servizo e das substitucións, se non que simplemente queremos que as prazas que se doten por eses sistemas de provisión sexan concedidas de xeito correcto. Saltarse a normativa a toda custa como pretende SPJ-USO e a administración, sen que ninguén se preocupe de pararlles os pes, levaríanos ao escenario caciquil de pagamento de favores onde SPJ-USO se desenvolve as mil maravillas.

Por todo o exposto facemos un chamamento ás compañeiras e compañeiros para que se quiten a venda que lles cubre os ollos, o que lles permitirá ver ao lobo que se agocha debaixo da pel de cordeiro que está a representar SPJ-USO na Administración de Xustiza en Galiza.

A CIG foi sempre leal con todas as traballadoras/es da Administración de Xustiza e, durante todos estes anos o demostramos con creces en todas as reivindicacións e mobilizacións levadas a cabo, así como pola cantidade de sentenzas gañadas pola nosa central sindical en defensa desas traballadoras/es, o que seguiremos facendo no futuro, porque a nosa cor favorita non é a amarela. 

Ligazón comunicado:

https://drive.google.com/file/d/1OEBIzVU8-HReyFjC2vEuwR2mtuQvQ6A4/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.