Segundo informou o Ministerio de Xustiza esta fin de semana, está prevista para o vindeiro 9 de xuño a publicación no BOE da adxudicación de destinos da quenda libre do corpo de Auxilio Xudicial da OPE 2017-2018.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario