Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL DE XUSTIZA EN GALIZA

SUBSTITUCIÓNS. A DX aceptou varias das alegacións efectuadas por este sindicato, como eliminar o requisito dos 6 meses para participar ou adecuar as preferencias ao regulamento. Pero a CIG segue a demandar que tanto as substitucións como as comisión de servizo respecten o establecido nos arts. 73 e 74 do RD 1451/2005 en canto á orde de cobertura dos postos temporalmente desocupados. 

Tamén solicitamos:
- Que non sexa obstáculo para acceder estar con permisos como o de maternidade ou paternidade.
- Que se manteña a preferencia por seis meses existente actualmente.
- Que nos postos singularizados abertos a máis de un corpo se retribúa en función do corpo da persoa á quen se está a substituir.
- Que se elimine o sistema de atribución de funcións e se creen os servizos comúns de auxilio ou, de xeito subsidiriario, que se retribúan todas as atribucións, tanto voluntarias como forzosas.


TRAXECTORIA PROFESIONAL
. Agora escúdanse nos cambios na Xunta para explicar a dilación en abrir o acceso ao segundo grao. Ao parecer o luns aparecerá publicada a nova composición da Consellería, e esperemos que o tema vaia avanzando.


DATOS PERSOAIS EN LEXNET. Como consecuencia da nova versión de Lexnet son visibles os datos persoais dos funcionarios/as; este problema xa sucedeu cando se implementaron outras versións de Lexnet. A Dirección Xeral é consciente do problema e está en contacto co Ministerio para a solución do mesmo á maior brevidade posible.
 

BOLSA DE PERSOAL INTERINO. Contan que a baremación estea rematada este mes de maio.


PRAZAS DE NOVA CREACIÓN. As dos xulgados xa están aprobadas e ofertaranse en breve en comisión de servizos; en canto ás do Imelga e as Fiscalías, están pendentes de modificar a RPT.
 

DICIREG. Este ano está previsto empezar co seu despregue nos Rexistros civís exclusivos da A Coruña e Vigo, e despois ao resto de rexistros delegados do partido. Concretamente empezará unha formación en breve para os dous rexistros exclusivos.

Finalmente, o Director Xeral, Juan José Martín, despediuse porque deixa o
cargo e toma posesión como Secretario de Goberno. Dende a CIG dámoslle a benvida
ao seu novo posto e desexámoslle que sexa o máis fructífero posible para toda a
Administración de Xustiza de Galicia.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1W54N5pnXk2o4f0imI-9uclr12vk1UpWa/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración