A CIG quere dar as grazas a todas e todos @s que participastes nas eleccións ás Xuntas de Persoal da Admón de Xustiza, en especial aos que depositastes a vosa confianza en nós. Vistos os resultados, agás en Ourense que aínda non se celebraron, queremos manifestar que o voso apoio nos vai facer un pouco máis fortes, e esa forza ímola empregar, coma sempre, libres, sen ataduras e cun espíritu crítico, en tratar de mellorar as condicións de traballo de todas e todos, en tratar de conseguir que se respecten os nosos dereitos e que esta xustiza do noso país mellore e sexa un mellor servizo público. Toca seguir loitando, que é algo que facemos con agrado esperando non defraudar e conseguir ser cada vez un pouquiño máis referente neste sector, do mesmo xeito que somos referente nos distintos eidos da nosa Galiza.
Comentarios
Publicar un comentario