Saltar ao contido principal

O SECTOR DE XUSTIZA DA CIG ELIXE A ÓSCAR FREIXEDO COMO NOVO SECRETARIO NACIONAL

Dentro do proceso de renovacion de cargos e estrutura do sindicato, o sábado 7 de maio, o sector de Xustiza da CIG Administración pública celebrou a súa VIII Asemblena nacional, na que saiu elexido, por aclamación, como novo secretario nacional, Óscar Freixedo Beltrán.

No acto de clausura interviu o Secretario nacional da Federación Luis Carballo Pose. 

Tamén se renovou a Dirección nacional do sector que quedou conformada por:

  • Óscar Freixedo Beltrán

  • Eva Rodríguez Vicente

  • María Consuelo Rodríguez Rodríguez

  • Xosé Barreiro Pérez

  • Antonio Ayaso Reiriz

  • Manuela Mares Iglesias

  • Josefa Iglesias de la Campa

  • Jesús Sánchez Costa

O secretario nacional elixido sinalou que se achegan tempos de cambios, con importantes reformas lexislativas para a Administración de xustiza, e asegurou que o Sector de Xustiza da CIG ten moito que dicir e achegar en todo o proceso de negociación desas reformas, e así o fará, na defensa das traballadoras e traballadores da xustiza galega e dos servizos públicos.

Ligazón:

https://www.cig.gal/nova/o-sector-de-xustiza-da-cig-elixe-por-aclamacion-a-oscar-freixedo-como-secretario-nacional.html


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr