Publicouse na intranet a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado de 14 xullo, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo. A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida á Dirección Xeral de Xustiza por correo electrónico ao enderezo: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal nesa mesma data.
Ligazón:
Comentarios
Publicar un comentario