Publicouse a Resolución do 20 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet da Administración de Xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo), e dicir, o prazo remata o 28 de xullo.
Para realizar a solicitude debe facerse clic na opción do menú da OPAX que figura baixo a epígrafe "Provisión de postos-Comisións de servizo". A seguir elixirase como tipo de solicitude "Solicitude de comisións de servizo" e, finalmente, elixirase a data da convocatoria para logo facer clic no botón "Crear" para que se nos mostre a instancia completa cos seus datos persoais. A instancia debe ser gravada primeiramente e quedará así en formato borrador ata que se proceda a asinar e presentar dentro do prazo establecido. En estado borrado pódese eliminar a solicitude. Para rematar o proceso debe de achegarse a documentación pertinente e non esquecerse de facer clic no botón de asinar e presentar a solicitude, posto que se non se da este último paso a solicitude non se dará por presentada.
Comentarios
Publicar un comentario