Saltar ao contido principal

PRÓXIMA REGULACIÓN E CONVOCATORIA DAS BOLSAS DE LAX SUBSTITUTAS/OS

Onte, martes 12 de xullo, o Ministerio remitiunos o texto definitivo das novas bolsas de persoal substituto do corpo de LAX que publicará próximamente. Neste se recolle algunha das nosas propostas, como a eliminación do procedemento de inidoneidade, unha maior transparencia nos chamamentos (dándolle publicidade no territorio), a inclusión de causas de suspensión e a creación dunhas bolsas de urxencia no caso de esgotamento. Sen embargo, non recolle outras reivindicacións importantes,  como a elección entre bolsas ou a pertenza simultánea a varias delas. 

O número de integrantes das bolsas, que a CIG solicitou que se aumentara (de feito, a proposta aminora en 10 as de 2014 en Lugo e Ourense e mantén as de A Coruña e Pontevedra, sen ter en conta as modificacións nestes oito anos con respecto ao número de órganos e aos cadros de persoal), agora está pendente do informe do Secretario de Goberno. 

Seguimos a negociar un cambio profundo neste sistema de substitucións que priorice o seu desenvolvemento por parte do persoal do corpo de xestión e por iso estamos convocados novamente mañá xoves en Madrid a outra reunión co Ministerio.

Ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1Cm9_OcWJp4o-PNpqt3H0XbDQAywCbsGg/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.