Pola Dirección Xeral indicóusenos, en contestación a dúbida trasladada, que todas as persoas admitidas, tanto as incluidas nas bolsas de traballo ou de reserva como as persoas baremadas, deberán elixir bolsa no periodo comprendido do 29 de agosto ao 9 de setembro.
No momento en que accedan a OPAX terán habilitada a opción de escoller bolsa todas as persoas admitidas. Só no caso de que solicitasen formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia non terán que efectuar a dita elección.
A CIG discrepa desta interpretación, á vista do literalmente establecido na orde regulatoria, xa que os únicos que están realmente incluídos nas bolsas respectivas son os que figuran en traballo ou en reserva.
"6. Cada aspirante só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia, polo que, no caso de que un aspirante, tras a publicación das listas previstas no punto 5, *estea incluído en bolsas de distinto corpo, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberá seleccionar aquela única en que desexe quedar*. Se non o fai, entenderase que desiste de todas as súas solicitudes. A dita elección deberá realizarse no prazo, forma e lugar que indicará a resolución da convocatoria. "
Comentarios
Publicar un comentario