Publicouse na intranet o 04/08/2022 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 5, 8 e 9 de agosto. A solicitude poderase cubrir dixitalmente no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022 que vos deixamos na segunda ligazón e que, unha vez asinado tamén de xeito dixital a cal, mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX, a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A.
Ligazón oferta prazas substitución:
https://drive.google.com/file/d/1ROUMkcECzr3lEvHCTioa5pK-dCbXIFGC/view?usp=sharing
Ligazón Anexo II:
https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing
Ligazón solicitude xenérica PR004A:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A
Comentarios
Publicar un comentario