Saltar ao contido principal

PETICIÓN DE ACLARACIÓN SOBRE O DEBER DE ELECCIÓN DE BOLSA DO PERSOAL INTERINO BAREMADO

O pasado venres a Dirección Xeral publicaba as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas das bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais da Administración de Xustiza. Na Resolución especificase que aquelas persoas que estean incluídas en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberán seleccionar aquela única na que desexen quedar no prazo de 10 días hábiles (do 29 de agosto ao 9 de setembro) baixo pena de entender que desisten de todas as solicitudes no caso de non facelo.

Este sindicato considera que existen dúbidas en canto a aquelas persoas que non figuran nin nas bolsas de traballo nin nas de reserva, que segundo a literalidade da orde non teñen que escoller, quedando en todas as listaxes nas que figuran como “baremadas”. Sen embargo é moi posible que, coas escollas e as renuncias, persoas que agora figuran baremadas pasen a formar parte das bolsas definitivas.

Por este caso remitimos o presente para que por parte desa Dirección Xeral se aclare publicamente que sucederá con esas persoas que, por non formar agora parte das bolsas, non escollan na que queren quedar, porque dende logo o que non pode ser é que as exclúan e a norma tampouco contempla como proceder neste caso. 

Ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1jJyX2Awwwo64ApcpYyZJpI4_CTOeLFBg/view?usp=sharing

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr