Saltar ao contido principal

COMUNICACIÓN DOS CRITERIOS DE REPARTICIÓN DA ACCIÓN SOCIAL 2022

Na xuntanza da comisión de acción social 2022 celebrada o 09/09/2022, a Dirección Xeral de Xustiza ven de informar:

 
1. Foron presentadas 143 (125 simples, 8 dobres e 1 triplo). Destas foron admitidas provisionalmente 135 solicitudes con 145 beneficiarios, das cales 126 foron concedidas provisionalmente con 134 beneficiarios, e 8 foron denegadas provisionalmente con 8 beneficiarios.

 
2. A resolución da DXX que aproba as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social publicaranse no DOG ao longo deste mes de setembro.
As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galiza para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional. 

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas axudas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX.

 
3. Pagamento: tense que facer antes de que acabe o ano 2022.
 

Recordatorio: as axudas do programa de atención de persoas con discapacidade do fondo de acción social ascendeu a 21.911,00 €. Unha aproximación as contías das axudas tendo en conta o grao de discapacidade sería:
- Do 33% ao 64%: 300 €
- Do 65% ao 74%: 600 €
- Do 75% en diante: 1.200 €
Estes importes poderanse ver reducidos ou incrementados proporcionalmente a causa do número de instancias presentadas ata que o montante global non supere os 21.911,00€.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1hF4mJASoealO5ndIa5kcsi0m3AmqORho/view?usp=sharing

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MESA SECTORIAL MINISTERIO - VINDEIRAS OPOSICIÓNS

A CIG ven de participar na Mesa Sectorial do Ministerio de Xustiza, xunto cos sindicatos representativos do sector (Ccoo, Ugt, Ela, así como os corporativos Csif e Staj). Nela tratouse a primeira valoración da Lei 20/2021 e o seu impacto na OEP 2019 e seguintes da Administración de Xustiza. O Ministerio de Xustiza xa está a tratar o tema coas distintas CCAA con transferencias na materia posto que a cada unha lle afecta en maior o menor medida. Respecto da promoción interna non lle ven posibles afectacións. Dende a CIG reclamamos a recuperación do 50% das prazas para a PI, así como unha convocatoria extraordinaria que permita recuperar as prazas perdidas. Como a norma afecta de xeito diferente a cada OEP, o Ministerio entende que non se poderán acumular entre elas, pero de atopar o xeito de facelo optarán por esta vía que será a máis áxil. O Ministerio entende que para a OEP do 2019 xa deberían ofertar polo sistema de concurso aquelas prazas que leven ocupadas con carácter temporal de f

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración