Saltar ao contido principal

O NOVO DIRECTOR XERAL: EXISTE OU É UNHA REALIDADE VIRTUAL?

Dende que tomou posesión a mediados de xuño, o señor Tronchoni non tivo a ben presentarse, nin persoal nin telefonicamente, ante a CIG, primeira forza sindical do país. E por suposto tampouco convocou ningunha mesa de negociación. 

Esta situación non nos parece de recibo e asómbranos porque non estamos afeitos. Xa non esperabamos que nos recibise o señor Conselleiro (que debería) como tampouco fixo Rueda, quen non asistiu nin a unha soa mesa de negociación (iso si, na folga, por detrás, alguna reunión tivo) pero o Director Xeral, polo menos, debería presentarse ante todas as OOSS. 

Queremos decirlle ao señor Tronchoni que se ten dúbidas de como se recibe a esta forza sindical cando se chega a un cargo que llo pregunte á Ministra Pilar LLop e @s que a precederon: Gallardón, Rafael Catalá, Dolores Delgado e Juan C. Campo. Porque nese ámbito tamén participamos en mesas de negociación. 

De paso solicitamos que se convoque de maneira urxente unha reunión para tratar todos os temas que quedaron pendentes coa anterior Dirección Xeral, que son abondo. Achéganse tempos de cambios con  importantes reformas lexislativas para esta Admón. e o Sector de Xustiza da CIG ten moito que dicir e achegar en todo o proceso de negociación desas reformas, e así o fará, na defensa d@s traballador@s da xustiza galega e dos servizos públicos. 

CIG-Xustiza sempre estivo e estará aberta ao dialogo e consideramos fundamental que o novo Director xeral, antes de abordar as negociación pendentes e futuras, coñeza de primeira man cales son os nosos puntos de vista e reivindicacións con respeto á Administración de Xustiza en Galiza. Ao pé da nota, coma sempre, os nosos teléfonos.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1aZSfM4N5qs69i4NBORnyMGZkwfOcBZXg/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración

COMUNICADO DA CIG ANTE A FOLGA DE XUSTIZA

Ante a información aparecida na prensa no día de hoxe sobre o anuncio por parte de varias organizacións sindicais dunha convocatoria de folga na Administración de Xustiza queremos precisar:   - Que a CIG apoia as mobilizacións que se produzan reivindicando un aumento retributivo para todos os corpos, así como o recoñecemento das funcións reais de cada un deles.   - Que apoiamos, como fixemos ate o de agora, a solicitude dunha negociación real da LOEO co Ministerio, instando a que se paralice a súa tramitación mestres esta non se produza.   - Que, en virtude diso, apoiamos e participaremos na concentración de delegados e delegadas prevista para o día 12 de abril en Madrid e todas aquelas que neste senso se produzan.   - Que a CIG non convocará folga indefinida na Administración de Xustiza en Galicia; está aínda moi recente o acontecido na folga do 2018, con consecuencias nefastas para tod@s e pensamos, porque así tamén nolo transmiten os compañeiros e compañeiras, que non debemos unirno