O vindeiro 28 de setembro publicarase no DOG a RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas, correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2022, para o persoal ao servizo da administración de xustiza e con destino na comunidade autónoma de Galicia.
POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN
Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.
Comentarios
Publicar un comentario