A CIG ven de reclamar, en base a un caso ocorrido na provincia de Pontevedra, que a adminstración autonómica mude de criterio a hora de conceder un permiso retribuido de ausencia do posto de traballo, no caso de ter que atender, na prestación de determinados servizos de atención a descendentes cun grao de dependencia recoñecido. A administración está denegando estes permisos por entender que non se podían encadrar nin no artigo 6 (deber inescusable ou por conciliación) nin no artigo 18 (ausencia do posto de traballo) da Resolución de 8 de abril de 2009, pero a CIG entende que si pode concederse este tipo de permisos en base a unha interpretación ampla do establecido nos citados artigos.
Ligazón escrito presentado:
https://drive.google.com/file/d/1nuZ6j-ZYot49TfX-FEWsPN4-oJfeed5b/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario