Saltar ao contido principal

ACCIÓN SOCIAL 2022 - ADXUDICACIÓN DEFINTIVA DE AXUDAS

Na xuntanza da comisión de acción social 2022 celebrada o 21/10/2022, a Dirección Xeral de Xustiza ven de informar:

 
1.- Das 143 solicitudes (que agora pasan a ser 144 xa que unha non se contabilizara porque se pasou por rexistro ordinario), quedan definitivamente admitidas 141. Das 8 solicitudes que se denegaron provisionalmente, presentaron alegacións 9, incluída a que se presentou por rexistro, admitindose as alegación de 6 e quedando fora 3.
 

2.- A resolución da DXX que aproba as listaxes definitivas das solciitudes admitidas e
excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social públicaranse no DOG
(non nos confirmaron data). Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o
acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión
definitiva da súa solicitude realizarase a traves da OPAX.


3.- A contía final das axudas tendo en conta os grados de discapacidade quedan como
segue:

 
- Do 33% ao 64%: 88,71

- Do 65 % ao 74%: 177,42

- De 75% en adiante: 354,83

 
Pagamento: tense que facer antes de que acabe o ano 2022, pero aínda non sabían exactamente cando se podería realizar.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1Sf9_BDtADLOw9x8sgeXxb95_vS9YBLn1/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr