Saltar ao contido principal

COMISIÓN MIXTA: UN NOVO DESPROPÓSITO

GARDAS 24 HORAS:

Na Comisión mixta do pasado venres confirmouse a creación de tres novos xulgados para o 2023 (os primeira instancia nº 6 de Lugo, o nº 15 de A Coruña e o 16 de Vigo) cun total de 24 prazas de persoal de corpos xerais. A Xunta non perdeu a ocasión para amosar a súa mezquindade argumentando que, como a prioridade é crear novos xulgados para aliviar a carga de traballo dos órganos con máis asuntos, non vai instaurar as gardas de 24 horas para A Coruña e Vigo. É o eterno divide e vencerás.
Un noxo
, sobre todo cando no mesmo acto volve facer propaganda de gastar milleiros de euros na dixitalización ou no expurgo cando na Administración galega ven sendo ata o de agora unha entelequia. Así que polo de agora e, se cadra mentres non lle interese electoralmente, a Xunta deixou claro que vai facer caso omiso aos informes favorables do Ministerio e o CXPX ao cambio de sistema de gardas na Coruña e Vigo.
 

IMELGA:
 

Despois de que a CIG xa denunciara en novembro de 2021 a situación do IMELGA e a pretensión de externalizar realizando convenios de colaboración cos colexios profesionais de psicoloxía e traballo social, o Director Xeral recoñeceu en sede parlamentar un atraso puntual e ofreceu o reforzo de equipos e a contratación de interinidades, pero a día de hoxe nada diso se produciu. Ate o Presidente do TSXG na apertura do ano xudicial reclamou diante do director xeral o incremento de equipos técnicos por considerar que o atraso non é coiuntural senón que é unha necesidade estructural que non pode resolverse con convenios de colaboración senón coa creación de novos equipos nas distintas subdelegacións.
Pero aínda así,
na Comisión mixta do venres, o Director Xeral, lonxe de escoitar as demandas do TSXG, dos sindicatos e dos profesionais, saca peito de ter pagado horas extras a 23 persoas e de estar traballando nun convenio co colexio de psicoloxía para a elaboración de informes psicolóxicos no ámbito de familia. Esta é a única solución que ofrece aos atrasos de ata dous anos que sofren, por exemplo, na subdirección de Compostela ou na de Pontevedra. 

A CIG esixe unha inmediata actuación que só pasa pola creación de novos equipos psicosociais estables e profesionais. 

Non á desprotección das persoas máis vulnerables e necesitadas!!!

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1qO7PN-KqL4tr9Xi_sKaiR4oSrGyqCSA8/view?usp=sharing

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr