Saltar ao contido principal

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE TRABALLO DE LETRADAS/OS SUBSTITUTAS/OS

Publicouse no BOE a Resolución do 14 de outubro de 2022, da Secretaría Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de Letradas substitutas e Letrados substitutos da Administración de Xustiza.

O número de prazas que se convocan en cada provincia, así como a cota de reserva, son as que figuran no anexo I desta resolución. 

As bolsas terán vixencia durante un ano a partir da publicación da súa constitución, prorrogable por outro. 

As persoas interesadas presentarán, no prazo de quince días hábiles, a contar a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no «Boletín Oficial do Estado», o modelo oficial de solicitude de participación, seguindo as instrucións do asistente de inscrición, que estará dispoñible no portal do Ministerio de Xustiza, https://www.mjusticia.gob.es/gl/ciudadania/empleo-publico/bolsas-interinos/bolsa-letradas-sustitutas, indicando as provincias da súa elección por orde de preferencia, aínda que unicamente poderán resultar seleccionadas na primeira bolsa en que lle corresponda por puntuación conforme á orde indicada pola persoa interesada.

Ligazón inscrición:

https://aplicacionainoa.justicia.es/asistenteinscripcion/sap/bc/webdynpro/sap/ZASISTENTE_SEC_LIST?sap-language=ES

Ligazón BOE:

https://www.boe.es/boe/dias/2022/10/24/pdfs/BOE-A-2022-17336.pdf

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr