Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL 20/10/2022 - TRAXECTORIA PROFESIONAL

A CIG ven de asistir á Mesa sectorial na que se tratou sobre un novo proxecto de Traxectoria Profesional.

Como nos esperabamos foi un mero trámite, xa que a DXX ten escaso marxe de manobra sobre este asunto e acabarásenos impondo nos mesmos termos nos que se acorde para o persoal da Xunta, feito que o abala a presenza do Subdirector Xeral de Desenvolvemento e Avaliación Profesional da Dirección Xeral de Función Pública.

Aínda así, o DXX emprazounos a que remitamos as alegacións que estimemos oportunas antes do mércores da semana que ven.

Dende a CIG presentaremos as oportunas alegacións xa que observamos moitas eivas no borrador:

- Non queda garantido o acceso de todo o persoal que acumule os servizos prestados requiridos para cada grao, xa que teñen que ser continuados ou ininterrompidos. Que pasa coas excedencias por agrupación familiar, co persoal interino,...?

- Para acceder ó grao I hai que agardar cinco anos no grao inicial (sen retribuír) con independencia do tempo que teñas de servizos prestados.

- Só se lle mantén o grao I a quen o teña adquirido por recoñecemento administrativo ou sentenza, deixando na cuneta ás mesmas compañeiras que no acordo anterior.

- Esixen estar en servizo activo un día concreto (31.12.2021) para o acceso extraordinario ós graos I e II, polo que as persoas que reúnen os requisitos e que non se atopaban traballando nalgunha praza da Administración de Xustiza en Galiza ese día tampouco poden optar.

- Seguen a discriminar os corpos de Xestión P.A. e Médicos Forenses, xa que non poden acceder de xeito extraordinario ata un ano despois que o fagan os Auxilios Xudiciais e Tramitadores P.A.

- Os pagos dos graos de acceso extraordinario dilátanse a tres anualidades e sempre “en función das dispoñibilidades orzamentarias”, polo que hai corpos que non cobrarán o 100% ata 2025 no mellor dos casos.


CAT: Na nómina do mes que ven, efectuaráselle o pago ós MF e XPA con efectos retroactivos de primeiros de ano.

Novas RPTs no Imelga e Fiscalías: Darán traslado das mesmas na próxima mesa sectorial que se convoque.

OEP Lei 20/21: Están afectadas e convocaranse por concurso de méritos tres prazas de Auxilio Xudicial (A Fonsagrada, Ribeira 2 e SCNE de Pontevedra) e 34 de Médicos Forense (das que 11 tamén se convocarán por concurso de méritos).

Teletraballo: Seguiremos coa mesma normativa ata que se distribúan os medios materiais. De momento hai 1700 ordenadores portátiles (700 xa se instalarán no novo edificio de Vigo e o resto teñen previsto distribuílos en breve pero aínda non decidiron as directrices de reparto). Os ordenadores portátiles intalaranse en “doking station” cun teclado externo e polo tanto levarán conectadas dúas pantallas e, a do portátil, sempre estará pechada. Dese xeito o portátil poderá ser levado para teletraballar no domicilio do funcionario.

Equipos psicosociais: Reiteramos o pedimento de dotación de máis equipos psicosociais e o DXX indicou que se dotarian ata 7 novos equipos de reforzo, se pagarían horas extra, se favorecería a acumulación de tarefas e finalmente se intentaría un convenio co colexio de psicólogos.

Protocolo de acoso laboral: Solicitouse que dunha vez por todas se puxera en marcha o protocolo de acoso laboral na Administración de Xustiza de Galiza e o DXX comprometeuse a que en viderias datas, unha vez concluída a negociación da traxectoria profesional, o seguinte tema a solucionar sería este.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1pch2TJV2mkouRQk-a8MyE3HQJ4hjzCgO/view?usp=sharing

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr