Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL CO MINISTERIO DE XUSTIZA - ULTIMA HORA OEP'S-CONCURSO-PROM.INTERNA

Na Mesa sectorial convocada para hoxe polo Ministerio, este facilitou información importante sobre distintos aspectos que vos pasamos a relatar:

CONVOCATORIA OPOSICIÓNS OEP 20-21-22 

O Ministerio xa ten o visto bo de Función Pública e contan publicala a mediados de novembro. A intención é darlle posesión á xente aprobada a finais do 2023, despois dos da PI convocada e da PI pendente de convocar.

Respecto das prazas de forenses, Galiza é unha das tres comunidades autónomas que faltan por comunicar o número de prazas que queren. O mesmo sucede para o concurso de traslados dese corpo

EXAMES PROMOCIÓN INTERNA

Teñen intención de publicar as notas en breve (non máis aló de 15 días) e mañá mesmo publican a resolución das impugnacións.

Sobre a incidencia do exame de PI de XPA en Galiza, recoñecen que o enviaron por correo electrónico porque non había empresa contratada. Os correos foron encriptados, abríronse ás 8:00 e imprimíronse; despois metéronos nun sobre individual (que non precintaron). A xerente elaborará un informe sobre o sucedido, informe do que solicitamos que se nos dera traslado.

CONCURSO DE TRASLADOS

Están con incidencias, pensan que a finais de novembro poden sacar as provisionais. As tomas de posesión estarian previstas para xaneiro.

ABONO DE DIETAS PARA EXAMES DE PI

No Ministerio entenden que non é un caso idéntico ao de AXE que deu lugar a unha sentenza do Supremo e polo tanto non van abonalas voluntariamente. Xa teñen reclamacións e recursos interpostos e quedan á espera do que digan os tribunais.f

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1sgsy5Ds8qOPqy3fOC94GZE5LdxOWJnej/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.