Saltar ao contido principal

O 2º GRAO DA CARREIRA PROFESIONAL, ESE GRAN DESCOÑECIDO

Alá por finais do ano 2021 había quen prometía que o 2º grao da traxectoria profesional sería convocado en febreiro de 2022. Posteriormente, en xuño de 2022, eses mesmos mesías “garantizaban”, sen ningún pudor, que en setembro de 2022 sería publicada a convocatoria extraordinaria para a consolidación do 2º grao da traxectoria profesional. E neste momento xa nos atopamos en outubro de 2022 e da consolidación do Grao 2º non se sabe nada, como tampouco da convocatoria ordinaria para o acceso ao grao inicial daquelas compañeiras/os que se incorporaron á comunidade autónoma nos últimos concursos de traslados. Debe de ser que a máis de un se lle acabaron os feitos e, igual tamén as palabras, para poder explicar o que estaba claro que a Dirección Xeral de Xustiza ia facer seguindo as instrucións da Dirección Xeral de Función Pública, e que xa a CIG adiantou en informacións anteriores.

Por todo iso a CIG, fai meses, presentou a través das súas delegadas/os reclamación administrativa polo incumprimento do acordo da traxectoria profesional e, concretamente, contra a falta de convocatoria do grao 2º, pendente neste mes de outubro da máis que segura interposición do correspondente recurso contencioso-administrativo.

Unha vez máis, a CIG, en defensa dos intereses de todas as traballadoras/es da Administración de Xustiza de Galiza vai ter que prantexar medidas xudiciais para a reclamación do que a administración autonómica asinou e non está a cumprir neste momento, co beneplácito e a displicencia dos mansos que asinaron aquel acordo e non recorren o seu incumprimento.


 

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1XHAcXFiz5cqUsIhwIkCFlrpdanh08oft/view?usp=sharing 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr