Saltar ao contido principal

PRIMEIRO EXERCICIO DA QUENDA LIBRE DE ACCESO AO CORPO DE LETRADAS/OS

Tivo lugar o primeiro exercicio da fase de oposición para o acceso ao Corpo de Letradas e Letrados da Administración de Xustiza por quenda libre. Á proba presentáronse 1984 persoas, unha cifra que supón o 63% das 3127 que foran convocadas.

A convocatoria do proceso foi anunciada por Orde JUS/1523/2021, do 3 de decembro, onde se ofrecían para a quenda libre un total de 214 prazas, das cales 16 corresponden á cota de reserva establecido para persoas con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33%.

Ligazón plantilla de respostas:

https://drive.google.com/file/d/1CXoi9GN02q6VWqNveRQUfzkFzbtImkEg/view?usp=sharing

Ligazón Acordo 11/10/2022:

https://drive.google.com/file/d/1S36jZ6HLPsz4zT-t02vCmHzpYaGsGBbb/view?usp=sharing

Ligazón Acordo 14/10/2022 (Nota mínima):

https://drive.google.com/file/d/1LfSRlWHkrmGLgPSFLxWnvKqgcyi-Q5Hd/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.