Saltar ao contido principal

PRÓXIMA PUBLICACIÓN CONVOCATORIA DA BOLSA DE LETRADAS/OS SUBSTITUTOS

Segundo informou o Ministerio de Xustiza, a resolución da convocatoria das bolsas de letradas substitutas e letrados substitutos da Administración de Xustiza publicarase previsiblemente no Boletín Oficial do Estado do luns 24 de outubro.

A partir dese día, iniciarase:

- Un prazo de quince días para a presentación de instancias á bolsa a través dun asistente de inscrición.

- Un prazo de dez días para participar nunha bolsa transitoria ata a aprobación da bolsa definitiva. Estas solicitudes presentaranse por calquera das formas previstas na Lei 39/2015.

Para garantir a homoxeneidade na formación e chamamentos da bolsa transitoria, ditaranse instrucións polo Ministerio de Xustiza tendo  en consideración as observacións formuladas por secretarios e secretarias de goberno e de coordinación provincial e as trasladadas polas centrais sindicais

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.