Saltar ao contido principal

APERTURA DA FASE DE CONCURSO DE MÉRITOS - PROMOCIÓN INTERNA XESTIÓN - OEP 2019

O Tribunal Cualificador Único das probas selectivas para ingreso no corpo de Xstión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, promoción interna, convocadas por orde jus/241/2022, do 24 de marzo ven de acordar que, finalizada a fase de oposición das probas para ingreso no corpo de xestión procede iniciar a fase de concurso do proceso selectivo.

Concederase ás persoas aspirantes incluídos na relación de aprobados o prazo de 20 días hábiles para que acheguen a documentación indicada no Anexo I-B Fase de concurso, sobre o “Historial profesional” (Apartado B) e “Coñecemento de idiomas estranxeiros” (Apartado C). As persoas aspirantes haberán de achegar os devanditos méritos mediante o aplicativo telemático ao que terán acceso desde a páxina web na data que se indique e para cuxo uso se achegará un manual de instrucións.

https://pubwebseal.justicia.es/sap/public/sap/bc/webdynpro/sap/zasistente_co_gta_acceso

Dentro do mesmo prazo de vinte días hábiles, as persoas aspirantes que concorran por Comunidades Autónomas con exercicios optativos poderán achegar as certificacións acreditativas dos coñecementos correspondentes ao anexo I-C da Orde de convocatoria. A achega realizarase mediante remisión por correo electrónico dos documentos en formato PDF aos Tribunais Delegados correspondentes, nas seguintes direccións:

- Ámbito territorial Euskadi: m-aztiria@euskadi.eus
- Ámbito territorial Nafarroa: m-aztiria@euskadi.eus

- Ámbito territorial Comunidad Valenciana: concursosjust@gva.es

- Ámbito territorial Catalunya: aj.gestiopromoopos.justicia@gencat.cat

- Ámbito territorial Galicia: gerencia.galicia@mju.es

Ligazón Acordo:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ACUERDO%20INICIO%20FASE%20CONCURSO%20DE%20M%C3%89RITOS.pdf

Ligazón manual aportación méritos:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/MANUAL_APORTAC_MERITOS.pdf

 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr