Saltar ao contido principal

CONVOCADAS OPOSICIÓNS PARA ACCESO A XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO - OEPS 2020-2021-2022

Publicouse no BOE a Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para acceso pola quenda libre, aos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, correspondentes as ofertas de emprego público dos anos 2020, 2021 e 2022.

A diferenza dos últimos procesos nos que se aplicou o sistema selectivo de concurso-oposición
(dada a natureza extraordinaria desas ofertas de 2017, 2018 e 2019, nas que se combinaban prazas de reposición coas de estabilización), na presente convocatoria o sistema de ingreso é o de oposición.

Na presente convocatoria, sen prexuízo doutras medidas que poidan adoptarse para conseguir a axilización nos procesos selectivos, concentraranse os diferentes exercicios de cada un dos procesos no mesmo día, pero en día diferente para cada un dos Corpos funcionariais.

Quen desexe participar neste proceso selectivo deberán cumprimentar o modelo oficial de solicitude de admisión a probas selectivas na Administración Pública (modelo 790-Código 007 en cuxa parte superior figura «Solicitude de admisión a probas selectivas da Administración Pública e liquidación da taxa de dereitos de exame»), que estará dispoñible no punto de acceso xeral (www.administracion.gob.es), en castelán e nas demais linguas oficiais das Comunidades Autónomas. As Comunidades Autónomas que oferten prazas poderán crear unha ligazón desde as súas respectivas páxinas web a este formulario.

A presentación da solicitude electrónica realizarase no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da presente Orde no «Boletín Oficial do Estado», e dirixirase á Secretaría de Estado de Xustiza. A non presentación da mesma en tempo e forma supoñerá a exclusión do aspirante.

A presentación e o pago da correspondente taxa realizaranse por vía electrónica, a través do servizo de Inscrición en Procesos – Probas Selectivas do punto de acceso xeral, http://administración.gob.es/pag/ips, ao que se pode acceder directamente ou a través do portal web do Ministerio de Xustiza, www.mjusticia.gob.es (Cidadáns-Emprego público), de acordo con as instrucións que se indican.

As persoas aspirantes que estean exentas do pago da taxa ou teñan dereito á redución desta, achegarán en formato electrónico a documentación acreditativa da redución ou exención.

Taxa de dereitos de exame. O importe da taxa por dereitos de exame será:

a) Para o Corpo de Xestión Procesual e Administrativa de 23,33 euros (11,67 euros en caso de dereito a redución do 50 por cento).
b) Para o Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa de 15,57 euros (7,79 euros no caso de dereito a redución do 50 por cento).
c) Para o Corpo de Auxilio Xudicial de 11,66 euros (5,83 euros no caso de dereito a redución do 50 por cento).

Ligazón BOE:

https://www.boe.es/boe/dias/2022/12/19/pdfs/BOE-A-2022-21485.pdf

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr