Desde a CIG vimos de solicitarlle ao Concello de Vigo que estableza un plan de tráfico para as rúas da contorna da "Cidade da Xustiza" de Vigo, dado o volume de movemento de traballadoras/es e cidadans que se preve a partir de abril de 2023 nesa zona, cando xa esté a pleno rendemento o novo edificio xudicial, a fin de evitar grandes atascos e retencions, sobre todo coincidindo coa entrada e saída do persoal.
As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.
Comentarios
Publicar un comentario