Saltar ao contido principal

RECLAMACIÓN DE ABOAMENTO DAS GARDAS EN BAIXAS DE IT E MATERNIDADE/PATERNIDADE

A CIG ven de remitir un escrito á Dirección Xeral solicitando que, dunha vez, se resolvan de xeito favorable as solicitudes de aboamento de gardas formuladas por aquelas persoas que non as  puideron realizar por atoparse de baixa por incapacidade temporal ou cun permiso de maternidade, paternidade ou risco durante o embarazo ou a lactación.

Á sentenza do Tribunal Supremo que recoñecía de xeito xeral ese dereito nos periodos de incapacidade temporal por risco durante o embarazo, así como durante o permiso de maternidade, únese agora a dun xulgado do contencioso-administrativo, na que o xuíz outorga a unha tramitadora dun xulgado de instrución o dereito ao cobro das cantidades deixadas de percibir en concepto de garda durante a súa incapacidade temporal por enfermidade común.

Ligazón escrito presentado:

https://drive.google.com/file/d/1d_tIaRcwAkcgVYSunklRv19S5JZ7aGHs/view?usp=sharing

 

Reclamacións administrativas:

Este sindicato ten elaborado un modelo de reclamación para todas aquelas e aqueles que estean nesta situación ou que o teñan estado nos últimos cinco anos. 

Se estás interesad@ ponte en contacto con nós nos seguintes teléfonos ou enderezos electrónicos:

cig.acoruna@xustiza.gal

981182589

657768693

635607376

cig ferrol

637108945

cig.santiago@xustiza.gal

981540373

699234284

cig.lugo@xustiza.gal

982889035

639921202

615828798

cig.ourense@xustiza.gal

988687412

647984073

cig.pontevedra@xustiza.gal

646023058

cig.vigo@xustiza.gal

986817836

668843048


 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

PARABENS Á SUBIDA SALARIAL ACADADA EN EUSKADI

Desde CIG-Xustiza queremos parabenizar as e os compañeiras/os de Euskadi polo acordo alcanzado onte co Goberno Vasco. Dito acordo supón un aumento retributivo do 13% e recolle a reivindicación histórica do colectivo de equiparar os salarios as táboas do persoal homologado da Administración Xeral da Comunidade Autónoma Vasca. As asambleas de traballadores e traballadoras celebradas no día de onte nas 3 cidades vascas ratificaron este acordo que supón o seguinte:  • Respétase a modalidade da xornada de I persoal de xustiza con todas as súas especificidades, incluído os días que resultan do exceso. • Incremento das retribucións brutas anuais nas seguintes cantidades:   FORENSES : 3.254,76€  XESTIÓN: 4.611,32€  TRAMITACIÓN: 4.007,64€  AUXILIO: 3.461,08€ • O abono das cantidades sería un 50% a sinatura do acordo e outro 50% o 1 de xaneiro de 2024, momento no que se vería alcanzada a equiparación salarial • Recoñécese un plus salarial para as traballadoras nos Xulgados de Violencia contr