Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2023

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 04-10-2023

Publicouse na   intranet   e na páxina web da consellería a  Resolución de 10 de outubro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en substitución entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 4 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1vi71bg7jget1EPfrbt7vVJXx-G2i_Jdd/view?usp=sharing  

PUNTUACIÓNS DE IDIOMA GALEGO - OPOSICIÓNS AUXILIO - QUENDA LIBRE - OEP 2020-21-22

Publicouse a listaxe de puntuacións de idioma galego das probas selectivas, para ingreso no Corpo de Auxilio Xudicial, convocadas pola Orde JUS/1254/2022 de 7 de decembro.  Ligazón puntuacións galego: https://drive.google.com/file/d/1XO9F2Nt9_MA6YJN-NCGfSDq1HNhvLZcL/view?usp=sharing

AUXILIO XUDICIAL OEP 20/21/2022 - QUENDA LIBRE - PRAZAS OFERTADAS ÁMBITO MINISTERIO

O Ministerio de Xustiza adiantounos o borrador da Orde de 20 de setembro de 2023 que fai pública a relación de prazas que se van a ofertar a aquelas persoas aprobadas correspondentes ao ámbito de Península e Illes Balears (Ministerio de Xustiza) , nas probas selectivas para ingreso nos Corpos de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, turno libre, convocada por Orde JUS/1254/2022 de 7 de decembro. A data prevista de publicación no BOE é a de 16 de outubro de 2023 . Todas as solicitudes confeccionaranse de forma telemática a través do asistente de inscripción. https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/concursos-traslados/auxilio-judicial-ofertaplazas- orden-jus12542022 Ligazón prazas ofertadas territorio Ministerio: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ANEXO%20I%20AUXILIO.pdf  

PUBLICACIÓN DO CONCURSO DE TRASLADOS DE CORPOS XERAIS

Saiu publicada no DOG e BOE a Resolución de 27 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e de auxilio xudicial da Administración de xustiza. Todas as solicitudes dos modelos V1, V2 e V3 se confeccionarán de forma telemática a través do asistente de inscrición. Todas as persoas interesadas que participen neste concurso de traslados entre funcionarias e funcionarios dos corpos de xestión, tramitación e auxilio, a nivel nacional, deberán encher a solicitude por medios telemáticos entrando na web do Ministerio de Xustiza, no seguinte enderezo: https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-traslados-gestion-tramitacion-auxilio-2023 Unha vez que entren na dita páxina, premerán na ligazón que aparece nela co nome «G.T.A. Concurso de traslados», e

OFERTA DE PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS - CONVOCATORIA 06-10-2023

Saíu publicada na intranet a Resolución do 6 de outubro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles (ata o 16 de outubro de 2023) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet e na páxina web da consellaría. Para realizar a solicitude debe facerse clic na opción do menú da OPAX que figura baixo a epígrafe "Provisión de postos-Comisións de servizo". A seguir elixirase como tipo de solicitude "Solicitude de comisións de servizo" e, finalmente, elixirase a data da convocatoria para logo facer clic no botón "Crear" para que se nos mostre a instancia completa cos seus datos persoais. A instancia debe ser gravada primeiramente e quedará así en formato borrador ata que se proceda a asina

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

ANUNCIO DA INMINENTE PUBLICACIÓN DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS DOS CORPOS XERAIS

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza a Orde de 27-9-2023 remitida ao BOE, pola que se anuncia concurso de traslados ordinario entre persoal funcionario dos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio da Administración de Xustiza, así como as prazas para resultas do ámbito do Ministerio de Xustiza e das Comunidades Autónomas con competencias transferidas. Data prevista de publicación no BOE: 9-10-2023 Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/concursos-traslados/concurso-traslados-gestion-tramitacion-auxilio-2023

RECTIFICACIÓN DA LISTAXE DE TRAMITADOR@S QUE SUPERARON O EXERCICIO ÚNICO - PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2019-20-21

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza un novo Acordo do  TCU polo que se ANULAN os  Acordos de 17 de novembro de 2022 e de 2 de outubro de 2023 deste Tribunal,  e procédese a publicar nova relación de aprobados que superan o exercicio único do corpo de Tramitación da promoción interna. Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ACUERDO%20TRIBUNAL%20CALIFICADOR%20UNICO%20TRA%20PI.pdf  

RECTIFICACIÓN DA LISTAXE DE XESTOR@S QUE SUPERARON O EXERCICIO ÚNICO - PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2019-20-21

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza un novo Acordo do  TCU polo que se ANULA o  Acordo do 2 de outubro de 2023 deste Tribunal  e procédese a publicar nova relación de aprobados que superan o exercicio único do corpo de Xestión da promoción interna. Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/ACUERDO%20TCU%20RELACI%C3%93N%20APROBADOS%20GESTI%C3%93N%20PROMOCI%C3%93N.pdf

ADXUDICACIÓN DEFINITIVA PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS - CONVOCATORIA 15/09/2023

Publicouse na intranet e na páxina web da consellería a   Resolución de 5 de outubro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en comisión de servizos entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola   Resolución do 15 de setembro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1EDL7HBH8BGoSo2MVc8fVz9-pxy7B3zK4/view?usp=sharing

SUBA SALARIAL DO 0,5%

Publicouse no BOE a Resolución de 4 de outubro de 2023, da Secretaría de Estado de Función Pública, pola que se pon en coñecemento o Acordo do Consello de Ministros de 3 de outubro de 2023, que aproba o incremento do 0,5 por ciento nas retribucions do persoal ao servizo do sector público, en aplicación do previsto no artigo 19. Dous.2.a) da Lei 31/2022, de 23 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2023. Este incremento, que será do 0,5%, aplicarase respecto das retribucions vixentes ao 31 de decembro de 2022 e con efectos de 1 de xaneiro de 2023. Parece ser que o pago o queren realizar neste mes de outubro.  Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2023/10/05/pdfs/BOE-A-2023-20679.pdf

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 04-10-2023

Publicouse na intranet o 04/10/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 5, 6 e 9 de outubro.  NOTA IMPORTANTE: A solicitude deberá de cubrirse e presentarse a través da   OPAX .  No caso de que se soliciten postos do Anexo I e do Anexo II só será preciso presentar unha única solicitude. Ligazón prazas en substitución: https://drive.google.com/file/d/1lh7dJsHrCO9ocnT8IBfuHqv9XqgW2bVX/view?usp=sharing  

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 27-09-2023

Publicouse na   intranet   e na páxina web da consellería a  Resolución de 4 de outubro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en substitución entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 27 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1kmEr5NsvXEB3WbgDK_cezPA6-Ivnc53r/view?usp=sharing

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS - OBTENCIÓN CURSOS CELGA

Por Resolucións do 29 de setembro de 2023 acordouse a publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluídos das probas para a obtención dos niveis de Celga 2, 3 e 4 de idioma galego. Celga 2: As probas realizaranse o día 26 de novembro de 2023 . Celga 3: As probas realizaranse o día 25 de novembro de 2023. Celga 4: As probas realizaranse os días 18 e 19 de novembro de 2023.     Ligazón "Portal da Lingua Galega": https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Probas/convocatoria_0028.html&utm_source=news_gal&utm_medium=email&utm_campaign=boletin_lingua_gal

NOVA LISTAXE DE TRAMITADOR@S QUE SUPERARON O EXERCICIO ÚNICO - PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2019-20-21

Publicouse o Acordo do Tribunal Cualificador Único do proceso selectivo convocado pola Orde JUS/242/2022, do 24 de marzo, de Tramitación, promoción interna, polo que, en cumprimento da Orde JUS/1075/2023, do 26 de setembro, do Ministerio de Xustiza, fanse públicas as novas notas da fase de oposición e, á súa vez, a proposta de persoas aprobadas que se elevará ao Ministerio de Xustiza. Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/gl/ciudadania/empleo-publico/promocion-interna/tramitacion-procesal-administrativa-marzo

NOVA LISTAXE DE XESTOR@S QUE SUPERARON O EXERCICIO ÚNICO - PROMOCIÓN INTERNA - OEP 2019-20-21

Por Orde JUS/1075/2023, do 26 de setembro (Boletín Oficial do Estado do 29 de setembro), en execución de Auto da Audiencia Nacional, declarouse nula a Orde JUS/273/2023, do 15 de marzo, pola que, en execución de sentenza, anulábanse as Bases Quinta. 2 e Sexta.2 e Sexta.4 da Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo, pola que se establecían as bases comúns dos procesos selectivos para ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza. En cumprimento da devandita Orde anuláronse os acordos do Tribunal Cualificador Único de 18-11-2022 e de 21-12-2022 e dítouse un novo acordo que modificou as cualificacións do exercicio único celebrado os días 8-10-2022 e 2-12-20022 (exercicio de incidencias) e, segundo o disposto na Base 7.2 da Orde JUS/241/2022, do 24 de marzo, pola que se convocou este proceso selectivo e, en consecuencia fanse públicas as relacións de aspirantes de cada ámbito territorial, por orde alfabética, que alcanzaron o mínimo establecido. Este Tribunal

A CIG DENUNCIA O ATASCO DOS XULGADOS DE 1ª INSTANCIA DE OURENSE

A sección sindical da CIG-Xustiza en Ourense ven de fomular denuncia sobre o colapso dos Xulgados de Primeira Instancia desa vila. A situación de colapso levou aparellada que se nomee a unha funcionaria interina do corpo de Tramitación Procesual, co fin de desatascar a sobrecarga de traballo dos Xulgados de Primeira Instancia, números 1, 2, 3 e 5, cunha duración dun mes en cada un deles, quedando sen atender os Xulgados de Primeira Instancia núms. 4, 6 (familia) e 7. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1gk2UvDgpcQx8fdwrPaeHJ2l1j7K_3AID/view?usp=sharing

MODIFICACIÓN DA INSTRUCIÓN DE 16/09/2021 DA ENTRADA EN SERVIZO DE DICIREG

Publicouse no BOE a Instrución do 25 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, pola que se modifican as pautas e criterios para apoiar a entrada en servizo efectiva da aplicación informática DICIREG, a partir da entrada en funcionamento da primeira oficina conforme as previsións contidas na Lei 20/2011, do 21 de xullo, do Rexistro Civil, aprobados pola Instrución do 16 de setembro de 2021. Ligazón BOE Instrución 25/09/2023: https://boe.es/boe/dias/2023/10/02/pdfs/BOE-A-2023-20479.pdf Ligazón BOE Instrución 16/09/2021: https://www.boe.es/boe/dias/2021/09/23/pdfs/BOE-A-2021-15391.pdf

OFERTA DE PRAZA VACANTE NA SECRETARÍA DA FISCALÍA PROVINCIAL DA CORUÑA

Publicouse no DOG do 29/09/2023 a ORDE do 18 de setembro de 2023 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do seguinte posto de traballo vacante: Denominación do posto: Secretario/a Fiscal Xefe Provincial. Código do posto: PR.C99.10.006.15001.003. Corpo ou escala: xeral/tramitación procesual e administrativa. Grupo/subgrupo: C1/C2. Nivel: 20. Tipo de adscrición: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA. e Administración de xustiza). Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.). Centro directivo ou dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior (A Coruña). Localidade: A Coruña.

LIGAZÓNS DE DESCARGA DOS CERTIFICADOS DE NOTAS DOS PROCESOS SELECTIVOS

Na Sede electrónica do Ministerio de Xustiza está dispoñible a descarga das Notas e Certificados de Oposicións da Administración de Xustiza (Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial) de algunhas convocatorias. Ligazón acceso co certificado digital:    https://sede.mjusticia.gob. es/oaj/clave/InicioSede?lang= es_es&idtramite=1288789174812& idpagina=1215197884559   Ligazón acceso sen certificado dixita l:  https://sede. mjusticia.gob.es/oaj/ InicioSede?lang=es_es& idtramite=1288789174812& idpagina=1215197884559  

PETICIÓN DUN XULGADO MÁIS DO PENAL PARA OURENSE

O sector de Xustiza da CIG en Ourense vén de remitirlle un escrito á dirección xeral de Xustiza para reclamarlle a creación dun novo xulgado do Penal en Ourense que remate coa saturación actual, tendo en conta que a bolsa de asuntos pendentes “non deixa de medrar día a día”. Na central sindical denuncian que dende 2017, ano no que comezou o colapso destes xulgados, unicamente se integraron no cadro de persoal tres funcionarios/as e un reforzo interino que aínda se manteñen a día de hoxe. Ligazón "Faro de Vigo": https://www.farodevigo.es/ourense/2023/09/30/cig-demanda-nuevo-juzgado-penal-92743515.html Ligazón "La Voz de Galicia": https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2023/09/30/piden-puesta-marcha-nuevo-juzgado-penal-situacion-clama-ao-ceo/0003_202309O30C5993.htm Ligazón Avantar: https://www.cig.gal/nova/a-cig-xustiza-reclama-un-novo-xulgado-do-penal-en-ourense-que-remate-coa-saturacion-actual.html

RESOLUCIÓN PROVISIONAL COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 15-09-2023

S aíu publicada na intranet e na páxina web da consellería a Resolución do 29 de setembro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 15 de setembro de 2023 . As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles (ata o 4 de outubro), contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1R0CpV1lBlzN_ybDsjeMb-cWqirm_jauC/view?usp=sharing  

A NOTA MÍNIMA DA PROMOCIÓN INTERNA VOLTA A SER DO 60%

No BOE do 29 de setembro de 2023, o Ministerio de Xustiza publica a Orde JUS/1075/2023, de 26 de setembro , pola que se declara nula a Orde JUS/273/2023 de 15 de marzo que en execución de setenza anulaban as bases (quinta-2, sexta-2 e sexta 4) da Orde JUS/291/2019 de 4 de marzo, que fixan as bases comúns dos procesos selectivos para ingreso aos corpos de funcionarios/as ao servizo da Administración de Xustiza. En pro do principio de seguridade xurídica esta modificación  non afecta aos candidatos dos procesos selectivos xa iniciados que, habendose presentado polo turno de promoción interna, houberan superado o primeiro e único exercicio con arreglo ao criterio anterior, habendo obtido unha nota mínima de, polo menos, o 50% pero sen alcanzar o 60%,  xa que non é de aplicación retroactiva . Por conseguinte a nota mínima de corte para promoción interna volta a ser do 60%. A reserva de nota (nota mínima) na fase de oposición pasa a ser tamén do 60% da nota mínima posible. Ligazó

NON SE PODE REPERCUTIR NO TRABALLADOR DETERMINADAS DESCONEXIÓNS PRODUCIDAS NO TELETRABALLO

Segundo a recente Sentenza 565/2023, do 19 de setembro, do Tribunal Supremo, Sala Social, na que foi partícipe a CIG xunto con outras centrais sindicais, a empresa non pode repercutir no teletraballador as desconexións pola caída de Internet, o corte da luz ou ir ao aseo. Ligazón CONFILEGAL: https://confilegal.com/20230927-la-empresa-no-puede-repercutir-en-el-teletrabajador-las-desconexiones-por-la-caida-de-internet-el-corte-de-luz-o-ir-al-aseo-declara-el-ts/

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 27/09/2023

Publicouse na intranet o 27/09/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 28, 29 de setembro e 2 de outubro.  NOTA IMPORTANTE: A solicitude deberá de cubrirse e presentarse a través da   OPAX .  No caso de que se soliciten postos do Anexo I e do Anexo II só será preciso presentar unha única solicitude. Ligazón prazas en substitución: https://drive.google.com/file/d/1CA2NhSppHyQS27yqrH57iVWHEPPJNEhT/view?usp=sharing

LAMENTABLE ESTADO DE CONSERVACION DOS ARQUIVOS XUDICIAIS DE TUI

A CIG ven de denunciar ante a Dirección Xeral de Xustiza o lamentable estado de conservación dos arquivos xudiciais de Tui pese ao esforzo das funcionarias/os encargados do mesmo de manter os expedientes nas mellores condicións posibles e de orde.  Máis alá de non prever un espazo suficiente no novo edificio xudicial de Tui para albergar todos estes arquivos e retiralos dunhas dependencias que non se adaptan a esa función, dase ademais a situación de que o concello e o titular do inmoble onde antigamente estaban ubicados os xulgados e agora so quedan os arquivos xudiciais máis antigos. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1yWAbwpx7vd4oIO0D61jAXUoOhb7gq6_2/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 19-09-2023

Publicouse na   intranet   e na páxina web da consellería a  Resolución de 25 de setembro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en substitución entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 19 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1WpojnRnw8XI-yBxTJVdlNTGjzSillLw8/view?usp=sharing    

ACTIVIDADES FORMATIVAS DO MARCO DE COMPETENCIAS DIXITAIS

Publicada a Resolución do 21 de setembro de 2023 pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais ComDix para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) Esta iniciativa enmárcase no contexto do Marco galego de competencias dixitais, conforme o disposto na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, coa finalidade de lograr unha cidadanía dixitalmente responsable nun contorno onde, cada vez máis, é requirido o uso da tecnoloxía case a diario. Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración de xustiza; que se encontre en situación de servizo activo (incluído o persoal que teña concedido un permiso por motivos de co

DISTRIBUCIÓN DO CRÉDITO DESTINADO NOS ORZAMENTOS PARA OS XULGADOS DE PAZ NO 2023

Publicouse no BOE a Orde JUS/1048/2023, do 1 de agosto , pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 11 de xullo de 2023, polo que se fixa o módulo para a distribución do crédito que figura nos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023, destinado a subvencionar os gastos de funcionamento dos Xulgados de Paz. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2023/09/23/pdfs/BOE-A-2023-19872.pdf

TRIBUNAIS DOS PROCESOS SELECTIVOS POR CONCURSO DE MÉRITOS - CORPOS XERAIS

Publicouse no BOE a Orde JUS/1049/2023, do 1 de setembro , pola que se designan os Tribunais cualificadores únicos e os Tribunais cualificadores delegados do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre por concurso de méritos, nos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado pola Orde JUS/1288/2022, do 22 de decembro. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2023/09/23/pdfs/BOE-A-2023-19881.pdf

AVALIACION DO COÑECEMENTO DO IDIOMA GALEGO - OPOSICIÓNS AUXILIO XUDICIAL - QUENDA LIBRE

En relación á avaliación do coñecemento das linguas oficiais propias para o corpo de Auxilio Xudicial recollida na Orde JUS/1254/2022, de 7 de decembro e, unha vez publicada a data e lugar para a realización da proba, polo Tribunal Calificador Único, INFÓRMASE: A avaliación do CELGA 4 consistirá nunha proba composta de dúas partes, unha parte escrita e outra oral sobre un texto. A avaliación da linguaxe xurídica, tanto de nivel medio como superior, avaliarase a través dun exame tipo test. Unha vez rematado o test haberá que, para o nivel medio, traducir un texto, e para o nivel superior, redactar un documento.   En todos os casos a calificación das probas será de APTO/A ou NON APTO/A.

REMATA O PRAZO PARA INSCRICIÓN NAS PROBAS DE OBTENCIÓN DOS CELGA

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar en novembro / decembro de 2023, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como no Portal da Lingua Galega. As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada. As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C , e aboar a taxa correspondente. Prazo de presentación das solicitudes e de pagamento da taxa correspondente: do 5 ao 25 de setembro. Ligazón: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Probas/convocatoria_0028/probas-celga-2-3-4 Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230904/AnuncioG0655-080823-0001_gl.html

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 19-09-2023

Publicouse na intranet o 19/09/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 20, 21 e 22 de setembro.  NOTA IMPORTANTE: A solicitude deberá de cubrirse e presentarse a través da   OPAX .  No caso de que se soliciten postos do Anexo I e do Anexo II só será preciso presentar unha única solicitude. Ligazón prazas en substitución: https://drive.google.com/file/d/1hm3F-EQa-D_TMy_AbqSF-SsfGLGgcj0G/view?usp=sharing  

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 13-09-2023

Publicouse na   intranet   e na páxina web da consellería a  Resolución de 19 de setembro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en substitución entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 13 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1nRsnvBcOkfia6beCQzOJk0suvBCbRHRj/view?usp=sharing  

OFERTA DE PRAZAS EN GALIZA PARA OPOSITOR@S DO CORPO DE AUXILIO XUDICIAL - OEP 2020-21-22

A Dirección Xeral de Xustiza achegou a relación de prazas do corpo de Auxilio Xudicial que se ofrecerán ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro.  Ligazón prazas desertas: https://drive.google.com/file/d/1Sqtl_V2WTxeB5DLMnnHOiuWFgXZbi4zU/view?usp=sharing

NOVA LISTAXE DE PRAZAS VACANTES PARA O VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A Dirección Xeral de Xustiza ven de facilitarnos unha nova listaxe de vacantes para o vindeiro concurso de traslados. Con respecto á listaxe enviada con data 24/07/2023 as modificacións foron as seguintes: Eliminación de 1 praza de Tramitación na Fiscalía, Sección Territorial de Verín.   Inclusión das seguintes prazas: 1 praza do Corpo de Xestión no Xulgado de Paz de Bueu. 1 praza do Corpo de Xestión na Audiencia Provincial Sección 6ª Pontevedra (Sede Vigo). 1 praza do Corpo de Tramitación no Xulgado de 1ª Instancia Nº 2 de Ourense. 1 praza do Corpo de Tramitación no Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción Nº 2 da Estrada. 1 praza do Corpo de Tramitación no Xulgado de 1ª Instancia Nº 2 de Lugo. 1 praza do Corpo de Tramitación na Audiencia Provincial Sección 1ª Lugo. 1 praza do Corpo de Tramitación no Xulgado do Penal Nº1 Lugo. 1 praza do Corpo de Auxilio no Xulgado de 1ª Instancia Nº 3 Lugo. 1 praza do Corpo de Auxilio no Xulgado de Paz de Guitiriz.   Nesta relación van incluídas as vaca

EXAMEN DE COÑECEMENTO DE IDIOMA GALEGO - AUXILIO XUDICIAL - OEP 2020-21-22

Conforme ao establecido na base 7.5 da Orde de convocatoria, o Tribunal Central Único acordou convocar aos opositores que no seu día solicitaron a celebración da proba de coñecemento de galego, ao exercicio de carácter positivo, non eliminatorio, no día, hora e lugar que a continuación se indica: DATA: 29 de setembro de 2023 HORA: 9.00 horas, LUGAR: EGAP (Escola galega de Administración Pública) Rúa Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela Ligazón convocatoria: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/5.2%20Convocatoria%20para%20la%20prueba%20de%20conocimiento%20de%20gallego.pdf

A CIG SOLICITA O REFORZO DO SERVIZO DE APOIO DE OURENSE

A CIG ven de presentar ante o Servizo de Xustiza de Ourense a petición de que se aumente o cadro de persoal do servizo de apoio en dous auxilios máis, toda vez que o actual sistema de quendas non está a funcionar e o persoal interino destinado a suplir esa eiva resulta de todo punto insuficiente, xa que no mes de xullo retirouse a un dos interinos que prestaba servizos, ao cumprir este os tres anos de permanencia no posto de reforzo. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1X5-xo1WsuUr4djC6ijzp93D_aR-pSBrv/view?usp=sharing

DENUNCIA SOBRE AUSENCIA DE PROTOCOLO DE EVACUACIÓN NA "CIDADE DA XUSTIZA" DE VIGO

Resulta inaudito que as administracións implicadas permitiran a entrada de traballador@s no edificio da "Cidade da Xustiza" antes de que o mesmo pasara a inspección do Servizo de Prevención e Riscos Laborais, como solicitou a CIG no seu día, a fin de detectar e correxir os múltiples defectos dos que adolece o novo edificio xudicial (inexistencia do plan de evacuación, no hai planos de ubicación nos distintos andares, incorrecta ubicación dos extintores e sinais, carencia de previsión de simulacros, etc). Culpable de todo isto é o Concello de Vigo por darlle á consellería o permiso de primeira ocupación e, por suposto, culpable é a Dirección Xeral de Xustiza e, en último termo, a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes por forzar o traslado do persoal moito antes de que o edificio estivera realmente rematado e cun correcto funcionamento dos seus sistemas. Pois ben, este pasado venres, 15 de setembro, saltou outra vez a alarma contra incendios

OFERTA DE PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS - CONVOCATORIA 15-09-2023

Saíu publicada na intranet a Resolución do 15 de setembro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles (ata o 22 de setembro de 2023) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet e na páxina web da consellaría. Para realizar a solicitude debe facerse clic na opción do menú da OPAX que figura baixo a epígrafe "Provisión de postos-Comisións de servizo". A seguir elixirase como tipo de solicitude "Solicitude de comisións de servizo" e, finalmente, elixirase a data da convocatoria para logo facer clic no botón "Crear" para que se nos mostre a instancia completa cos seus datos persoais. A instancia debe ser gravada primeiramente e quedará así en formato borrador ata que se proceda a as

PUBLICACIÓN ACORDO DE APROBADOS DEFINITIVOS - CORPO DE AUXILIO - OEP 2020-21-22

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza o Acordo do Tribunal Cualificador Único do proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso libre no corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro. Ligazón Acordo: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/0-2023-09-12-Acuerdo-de-publicacion-de-aprobados-AUXILIO.pdf Ligazón Anexo I aprobados: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/1-Anexo-I-APROBADOS.pdf Ligazó Anexo II superan o proceso sen praza: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/2-Anexo-II-SUPERAN-EXAMEN-SIN-PLAZA.pdf Ligazón prazo presentacion valoración idiomas autonómicos: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/4-Plazo-presentaci%C3%B3n-documentaci%C3%B3n-para-valoracion-en-las-CCAA.pdf

MOBILIZACIÓN CONTRA A FALTA DE SEGURIDADE NOS EDIFICIOS XUDICIAIS

A Federación de Servizos da CIG, co apoio do Sector de Xustiza da Federación de Administración Pública, desenvolverá unha mobilización diante da Cidade da Xustiza de Vigo, o vindeiro luns 18 de setembro, para rexeitar o novo concurso de adxudicación do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios xudiciais de Galiza. Dende a central levan tempo denunciando que os pregos de condicións non contemplan unha dotación económica suficiente para cubrir os gastos salariais do persoal que vai ser subrogado e que o concurso non dá resposta ás necesidades de vixilancia e seguridade das instalacións. O responsábel nacional de seguridade privada da CIG, lembra que o proceso estivo cheo de deficiencias dende o principio, até o punto de que a Xunta tivo que desistir do anterior concurso tras as alegacións presentadas pola central sindical reclamando que se corrixisen as anomalías detectadas nos lotes 1 (edificios xudiciais da Coruña) e 12 (Cidade da Xustiza e rexistro civil de Vig

A CIG SOLICITA QUE O PERSOAL INTERINO POIDA PRORROGAR A SÚA IDADE DE XUBILACIÓN

En base ao acordo alcanzado no pasado mes de xullo, na mesa de listas de contratación de Función Pública da Xunta de Galiza , o Sector de Xustiza da CIG solicitou á Dirección Xeral de Xustiza que adopte un acordo similar aceptando que o persoal interino das bolsas poida prorrogar a súa idade de xubilación máis alá dos 65 anos, manténdose na bolsa do corpo que lle corresponda, de igual xeito que o persoal interino da administración autonómica. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1myfP0K8r0mJ96e6vXnVL8jnyWoZJ5odg/view?usp=sharing  

NOMEAMENTO DE FUNCIONARIOS EN PRÁCTICAS - CORPO DE LETRAD@S - OEP 2019-20-21

Publicouse na páxina web do Ministeiro de Xustiza a orde pola que se nomean funcionarias/os en prácticas a determinadas persoas aprobadas polo sistema de quenda libre nas probas selectivas para ingreso no corpo de letradas e letrados da administración de xustiza, convocadas por Orde jus/1523/2021, do 3 de decembro. Inicio do curso práctico o 2 de outubro de 2023, estando prevista a súa finalización o 19 de abril de 2024. Ligazón funcionarios en practicas: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Orden%20Funcionario_as%20en%20pr%C3%A1cticas%2045%C2%BA%20promoci%C3%B3n_TL_19_20_21.pdf  Ligazón nota informativa: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/NOTA%20INFORMATIVA_45LAJ-TL.pdf  

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 07-09-2023

Publicouse na   intranet   e na páxina web da consellería a  Resolución de 13 de setembro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en substitución entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 7 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/105d9qzHrONOWV3SiP-xJtTD3AFgp1byB/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DEFINITIVA PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS - CONVOCATORIA 25/08/2023

Publicouse na intranet e na páxina web da consellería a   Resolución de 13 de setembro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en comisión de servizos entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola   Resolución do 25 de agosto de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1_FEPc4YMTihnNIWWob_4pfTJKSeF1uyE/view?usp=sharing

LISTAXES DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS E CONVOCATORIA DO PRIMEIRO EXERCICIO - ESTABILIZACIÓN LETRAD@S

Publicouse na web do Ministerio de Xustiza información sobre o proceso selectivo extraordinario para o acceso por quenda libre ao Corpo de Letrados da Administración de Xustiza convocado por Orde JUS/1319//2022, do 27 de decembro (BOE do 30 de decembro). Copiando as seguintes ligazóns no buscador accédese á información. LETRADAS E LETRADOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA. ESTABILIZACIÓN CONCURSO-OPOSICIÓN 2022 ACORDO DE 12.09.2023 CONVOCANDO AO 1º EXERCICIO DA OPOSICIÓN   ORDE LISTAXES DEFINITIVAS

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 13/09/2023

P ublicouse na   intranet   o 13/09/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 14, 15 e 18 de setembro.  NOTA IMPORTANTE: A solicitude deberá de cubrirse e presentarse a través da   OPAX .  No caso de que se soliciten postos do Anexo I e do Anexo II só será preciso presentar unha única solicitude. Ligazón prazas en substitución: https://drive.google.com/file/d/1Wrp5F4F7ilXOMQ2GY3Lh6yHm3Rt_1T2B/view?usp=sharing  

A CIG SOLICITA A AMPLIACIÓN DOS CADROS DE PERSOAL DE LALÍN E DA ESTRADA

A CIG ven de solicitarlle á Dirección Xeral de Xustiza que aumente os cadros de persoal dos xulgados de Lalín e da Estrada toda vez que os mesmos están totalmente descompensados tendo en conta a carga de traballo que teñen e o numero de traballadoras/es comparado cos que existen noutros órganos mixtos da provincia de Pontevedra.  O xulgado número 1 de Lalín ten un cadro de persoal de 2 xestores, 3 tramitadores e 1 auxilio e leva os casos de violencia de xénero, polo que é evidente que debe de dotárselle dun auxilio máis, como é a pauta xeral en todos os xulgados mixtos. O caso máis grave e o do xulgado número 1 da Estrada que ten un cadro de persoal de tan só 2 xestores, 2 tramitadores e 2 auxilios e leva nón só os casos de violencia de xénero se non tamén o rexistro civil. Polo tanto é necesario aumentar o cadro de persoal deste órgano en dous tramitadores máis. O xulgado numero 2 da Estrada tampouco esta moi ben dotado, posto que ten un cadro de persoal de 2 xestores, 2 tramitadores

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 07-09-2023

P ublicouse na   intranet   o 07/09/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 8, 11 e 12 de setembro.  NOTA IMPORTANTE: A solicitude deberá de cubrirse e presentarse a través da   OPAX .  No caso de que se soliciten postos do Anexo I e do Anexo II só será preciso presentar unha única solicitude. Ligazón prazas en substitución: https://drive.google.com/file/d/1m2K51IISKqgdNeo9UN51kVL9mPJVCtp1/view?usp=sharing

RESOLUCIÓN PROVISIONAL COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 25-08-2023

S aíu publicada na intranet e na páxina web da consellería a Resolución do 7 de setembro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 24 de agosto de 2023 , publicada na intranet o 25/08/2023. As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles (ata o 12 de setembro), contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1Ml7yEFS-1lzotyZMiIyNAtMC-jULTXSK/view?usp=sharing

CURSO SUPERIOR EN PROTECCIÓN DE DATOS - EGAP

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023 pola que se convoca o Curso superior en protección de datos. As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula . As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación. O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 14 de setembro de 2023. Poderá obterse calquera outra información a través do correo electrónico novas.egap@xunta.gal ou, desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230907/AnuncioO150-010923-0002_gl.pdf  

NOTA INFORMATIVA DO SEGUNDO EXERCICIO DAS PROBAS DE INGRESO DE MÉDICOS FORENSES - QUENDA LIBRE

​As sesións do segundo exercicio do proceso selectivo de médicos forenses, en base á Orde JUS/1287/2022, do 22 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo Nacional de Médicos Forenses, celebraranse en audiencia pública. Para o acceso ao edificio é necesario presentar no control de seguridade un documento acreditativo da identidade do interesado, como DNI, pasaporte, NIE ou permiso de circulación.  Ligazón: https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/forenses-reposicion

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 31/08/2023

Publicouse na   intranet   e na páxina web da consellería a  Resolución de 6 de setembro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en substitución entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 31 de agosto de 2023 da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/15gtOOOhgcmWF3w4qom5BdjxwRGCqLclq/view?usp=sharing  

CORRECCIÓN DE ERROS PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ACCIÓN SOCIAL 2023

No DOG de hoxe publicouse a corrección de erros da Resolución das listaxes provisionais de adxudicatari@s das axudas de acción social. O prazo para presentar alegacións será do 7 ao  20 de setembro. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230906/AnuncioG0690-050923-1_gl.pdf

NOVO PRAZO DE ALEGACIÓNS LISTAXES PROVISIONAIS DE ACCIÓN SOCIAL 2023

Detectado un erro na publicación no DOG realizada hoxe da RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aprobaban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas, correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2023 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, a resolución publicarase correctamente no DOG do 06.09.2023. O prazo para formular alegacións será de 10 días hábiles a partir do 7 setembro. 

PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN CONCURSO-OPOSICIÓN 2022 - LETRAD@S ADMÓN. DE XUSTIZA

Prevese que a celebración do primeiro exercicio do proceso selectivo convocado por Orde JUS/1319/2022, do 27 de decembro​, teña lugar na segunda quincena de outubro de 2023. A data concreta, xunto coas listaxes definitivas, será publicada a mediados do mes de setembro.

SEGUNDA CONVOCATORIA OBTENCIÓN CERTIFICADOS CELGA 2, 3 E 4

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN de 4 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2023 (código de procedemento PL500C). Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230904/AnuncioG0655-080823-0001_es.pdf  

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 31/08/2023

P ublicouse na   intranet   o 31/08/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 1, 4 e 5 de setembro.  NOTA IMPORTANTE: A solicitude deberá de cubrirse e presentarse a través da   OPAX .  No caso de que se soliciten postos do Anexo I e do Anexo II só será preciso presentar unha única solicitude. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1JF5b6oq6heyWi61nlzkbb7-xwoP9Atab/view?usp=sharing  

A CIG DENUNCIA A ESCASEZA DE PERSOAL DE VIXILANCIA NA CIDADE DA XUSTIZA EN VIGO

A sección sindical de xustiza da CIG ven de denunciar ante a Dirección Xeral de Xustiza os recortes nas quendas dos vixiantes da Cidade da Xustiza, solicitando se corrixan ditos problemas por parte desa administración en prol dá seguridade das traballador@s, así como que se teña en conta a calidade dos servizos por encima da economía, dada a materia de que se trata, e solicitamos asimesmo a instalación nos edificios Xudiciais de botóns antipánico, tanto nas súas dependencias como nas salas de vistas, (un botón baixo as mesas que serve para alertar inmediatamente en caso de emerxencia aos axentes e vixiantes de seguridade). Asimesmo denunciouse ante a dirección xeral o nulo uso do escaner do xulgado de garda en Vigo, toda vez que non hai vixiante de seguridade encargado do seu control, precisamente debido á reducción de quendas de dito persoal de vixilancia que está a prantexar a Xunta no novo concurso de adxudicación deste servizo. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/f

PRÓXIMA PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS DE ACCIÓN SOCIAL

Comunicóusenos pola Dirección Xeral de Xustiza que a data de publicación no DOG da RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2023 para o persoal ao servizo da administración de xustiza con destino na comunidade autónoma de Galicia, está prevista para o día 05/09/2023.

A XUNTA, ANTE AS PROTESTAS DA CIG, SACA UN NOVO CONCURSO DE VIXILANCIA E SEGURIDADE

O novo concurso de seguridade dos edificios xudiciais non corrixe as deficiencias do anterior a respecto do persoal necesario para realizar unha labor de vixilancia correcta e completa. A CIG-Servizos denuncia que a dotación económica é insuficiente para cubrir os gastos e non dá resposta ás necesidades de vixilancia e seguridade das instalacións xudiciais existentes na actualidade. Ligazón: https://www.cig.gal/nova/o-novo-concurso-de-seguridade-dos-edificios-xudiciais-segue-sen-corrixir-as-deficiencias-a-respecto-do-persoal-necesario.html

NOVA PÓLIZA DE SEGURO DE ACCIDENTES PERSOAIS PARA O PERSOAL DA XUNTA DE GALIZA

Informámoslle que a Consellería de Facenda e Administración Pública suscribiu a nova póliza de seguros de accidentes persoais, que da cobertura a todo o persoal da Xunta de Galicia (con efectos do 1 de xullo de 2023).  Con carácter xeral, as coberturas en caso de falecemento ou invalidez derivada de accidente ou enfermidade profesional son as previstas no folleto adxunto. Ademais do anterior, prevese a posibilidade de que calquera empregado público da Xunta de Galicia poida ademáis, ampliar as devanditas coberturas, mediante a suscripción individual e voluntaria dun suplemento/complemento do seguro, mediante o pagamento dun importe adicional, conforme se específica no devandito folleto informativo. Calquera aclaración en relación con esa información pode dirixirse ao correo partes.xestionriscos.facenda@xunta.gal   Ligazón díptico: https://drive.google.com/file/d/1Kwt5goj1BvohzjgUmrH3w0AhZHZEDXDW/view?usp=sharing

REITERACIÓN DE VISITA DOS TÉCNICOS DE PREVENCIÓN Á CIDADE DA XUSTIZA

Por parte da CIG volveu a reiterarse á Dirección Xeral de Xustiza a petición da visita das/os técnicos de prevención ao novo edificio xudicial da Cidade da Xustiza de Vigo; petición realizada xa nun primeiro momento a raiz do inicio do traslado das instalacións da rúa Lalín ao novo edificio da rúa Padre Feijoo. Naquel entón tanto a dirección xeral como o propio servizo e prevención fixaran o mes de xuño para levar a cabo dita visita pero a día de hoxe non se levou a cabo e non se sabe en que momento se realizará dita visita técnica. Ligazón escrito presentado: https://drive.google.com/file/d/1vf_1qGThxVGd4Y28K0H0riZP6cWmMweI/view?usp=sharing

OFERTA DE PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS - CONVOCATORIA 25-08-2023

Saíu publicada na intranet a Resolución do 24 de agosto de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles (ata o 1 de setembro de 2023) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet e na páxina web da consellaría. Para realizar a solicitude debe facerse clic na opción do menú da OPAX que figura baixo a epígrafe "Provisión de postos-Comisións de servizo". A seguir elixirase como tipo de solicitude "Solicitude de comisións de servizo" e, finalmente, elixirase a data da convocatoria para logo facer clic no botón "Crear" para que se nos mostre a instancia completa cos seus datos persoais. A instancia debe ser gravada primeiramente e quedará así en formato borrador ata que se proceda a asina