Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE GRAO II - MÉDIC@S FORENSES E XESTORAS/ES PROCESUAIS

O 2 de febreiro de 2023 comeza o prazo de presentación de solicitudes do grao II do corpo de xestión procesual e administrativa e de médicos forenses convocado pola Resolución do 17 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de novembro de 2022, polo que se aproba o Acordo do 14 de novembro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza. A data de finalización de presentación das solicitudes é o 22.02.2023 Instrucións: A solicitude debe facerse e presentarse obrigratoriamente de maneira telemática a través da OPAX. Ao entrar en OPAX, aparecerá, tanto no menú lateral coma nos accesos directos, unha ligazón a "traxectoria profesional". Ao premer no enlace de traxectoria p

CONVOCATORIA CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA

A EGAP convoca un total de 30 edicións e 750 prazas en teleformación de cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega , dirixidas ao persoal empregado público destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma de Galicia, así como ao persoal da Administración de xustiza de Galicia e ao PAS das universidades galegas. Solicitudes: desde as 8 horas do 26 de xaneiro ata as 14 horas do 7 de febreiro na área de matrícula da EGAP. Cada persoa só poderá solicitar unha edición dos cursos convocados. Ligazón Cursos Linguaxe Xurídica: https://drive.google.com/file/d/1jq63Ei25nX0DF5_wls5l2bjtPbLYyop6/view?usp=sharing   Ligazón EGAP; https://egap.xunta.gal/fichanova/id/4140  

COMISIÓN DE VALORACIÓN - CONCURSO ESPECÍFICO - FISCALÍAS GALIZA

Publicouse a Resolución de 25 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se designa a comisión de valoración do concurso específico para a provisión de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1j0W8Js7TOaSIKyCH61KqxgHJdiNJ4PVB/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na   intranet   e na páxina da consellería a   Resolución de 25 de xaneiro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en substitución entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 19 de xaneiro de 2023 da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/documents/76940/79695/20230125-resolucion-adxudicacion-substitucions.pdf?version=1.0

CONFERENCIA "A ADMINISTRACIÓN DIXITAL"

A Escola Galega de Administración Pública, no marco do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca para o 27 de xaneiro a conferencia "A administración dixital", coa finalidade analizar os efectos da transformación dixital nas organizacións públicas. Persoas destinatarias : o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como a profesionais e persoas interesadas en xeral. Lugar : salón de actos da EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela. Modalidade : presencial. Data : 27 de xaneiro de 2023. Horario : de mañá. Horas lectivas : 2. Número de prazas : limitado pola capacidade do local. Inscrición : desde as 9 horas do 24 de xaneiro ata as 23.55 horas do día 26 de xaneiro na área de matrícula da EGAP. Ligazón: https:/

INSTANCIAS RECIBIDAS NA CONVOCATORIA DO PROCESO DE OPOSICIÓN LIBRE - OEP 2020-2021-2022

O Ministerio de Xustica ven remitirnos os datos das instancias recibidas en tempo e forma da convocatoria publicada a través da Orde JUS 1254/2022 do 7 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para acceso pola quenda libre, a través do sistema de oposición, aos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza. Nesta convocatoria ofertáronse exclusivamente plazas de reposición dos anos 2020, 2021 y 2022. Ligazón taboa de instancias presentadas: https://drive.google.com/file/d/1Lc9lxBK8MbOUGjw73QBt6Qa9OkCZ5gxs/view?usp=sharing  

SERVIZOS MÍNIMOS FOLGA INDEFINIDA DE LETRADAS/OS DA ADMÓN. DE XUSTIZA

O Ministerio de Xustiza, a través da súa Resolución de 19 de xaneiro de 2023, fixou os servizos mínimos da folga indefinida de Letradas/os da Administración de Xustiza que se vai a desenvolver desde o día 24 de xaneiro. Ligazón servizos mínimos: https://drive.google.com/file/d/1tECLu7xHeH7IaMZqQtfJkMUZ1H3t2G4w/view?usp=sharing

RECURSO CONTRA O ACORDO DE RESERVA DE PRAZAS DE GARAXE NA "CIDADE DA XUSTIZA" DE VIGO

As centrais sindicais, que conforman a Xunta de Persoal de funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza da provincia de Pontevedra, decidimos recorrer o acordo do Xúiz Decano de Vigo polo que se decidiu establecer unha reserva exclusiva de prazas de aparcadoiro en favor de maxistradas/os, fiscais e letradas/os, en detrimento de que dita reserva o fora para todos os corpos, sin distinción ningunha, por motivos de conciliación familiar, tal e como nun principio ia ser polo falado coa adminsitración autonómica, non para establecer unha reserva privilexiada de prazas de aparcadoiro a aqueles traballadores dos corpos superiores que non chegan cedo a traballar (aínda que hainos que si chegan cedo, tendo igual ou superior carga de traballo dos que non o fan). Ligazón acordo reserva de prazas: https://drive.google.com/file/d/1R1dVJmaymE2k22wJwLWUExQOyrGYrXME/view?usp=sharing Ligazón recurso alzada CXPX: https://drive.google.com/file/d/17LJZb6G7WozGU5ogDTE-5kuYwunqmY_r/view?usp=sharing

TÁBOA RESUME DAS RETRIBUCIÓNS A PERCIBIR NO 2023

 

COMISIÓN DE SERVIZOS NA DELEGACIÓN DA MUXEXU DA CORUÑA - CORPO XESTIÓN

Esta convocatoria ten por obxecto permitir a provisión temporal, mediante comisión de servizo, de postos de traballo reservados ao persoal funcionario do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza indicadas no Anexo I, na Delegación da MUXEXU da Coruña. As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude axustada ao modelo que se achega como Anexo II desta resolución. Deberá achegarse o informe do responsable da unidade ou centro de destino de orixe, así como calquera outra documentación que considere oportuna para ser valorada segundo os criterios de adxudicación. As solicitudes deberán presentarse no prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente convocatoria no sitio web do Ministerio de Xustiza. Para iso, unha vez enchido e asinado electronicamente o Anexo II p ola persoa solicitante, deberá remitilo, dentro do prazo establecido, ao seguinte correo electrónico: mugeju.personal@justicia.es. Enviarase  pola unidade de per

NOVO AVISO DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na   intranet   o 19/ 01/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 20, 23 e 24 de xaneiro. A solicitude poderá cubrirse no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022 que vos deixamos na ligazón e que, unha vez asinado co certificado dixital profesional (mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX), a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1C2E24bE14k0THxUe55tkyHqNb9bIAZyH/view?usp=sharing Ligazón Anexo II: https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing Ligazón solicitude xenérica PR004A: https://sede.xunta.

ULTIMA HORA: CONCURSO DE TRASLADOS CORPOS XERAIS

O Ministerio de Xustiza ven de confirmarnos que na plataforma AINOA está programada unha migración de datos entre o 17 e o 24 de febreiro. Tentarán por todos os medios publicar antes do inicio da migración as listaxes definitivas do concurso e contan con que así sexa pero, de non ser posible, a publicación será despois da migración.

OFERTA DE PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZO - CONVOCATORIA 19-01-2023

Saíu publicada na   intranet   a   Resolución do 19 de xaneiro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a   provisión en comisión de servizo   de postos de traballo dos corpos xerais, entre persoal funcionario da Administración de Xustiza. O  prazo de presentación de solicitudes  será de cinco (5) días hábiles (ata o 26 de xaneiro de 2023) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet e na páxina web da consellaría. Para realizar a solicitude debe facerse clic na opción do menú da OPAX que figura baixo a epígrafe "Provisión de postos-Comisións de servizo". A seguir elixirase como tipo de solicitude "Solicitude de comisións de servizo" e, finalmente, elixirase a data da convocatoria para logo facer clic no botón "Crear" para que se nos mostre a instancia completa cos seus datos persoais. A instancia debe ser gravada primeiramente e quedará así en formato borrador ata que se proceda a asinar e presenta

WEBINARIO O EMPREGO PÚBLICO LABORAL Á LUZ DAS REFORMAS DE 2021

A EGAP organiza o webinario "O emprego público á luz das reformas de 2021" Data: 26 de xaneiro de 2023. Modo de impartición: telepresenza. Horario: das 12.00 ás 14.00 horas. Prazas: 100 Inscrición: desde as 9.00 horas do 18 de xaneiro  ata as 23.59 horas do día 23 de xaneiro Máis información: en  https://egap.xunta.gal/fichanova/id/4128

OFERTA DE PRAZAS EN COMISIÓN DE SERVIZOS NO IMELGA - CONVOCATORIA 18/01/2023

Saíu publicada na intranet a Resolución do 18 de xaneiro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca a provisión en comisión de servizo de postos de traballo no IMELGA entre persoal funcionario do corpo de Médicas/os Forenses. O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles (ata o 25 de xaneiro de 2023) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet e na páxina web da consellaría. Para realizar a solicitude debe facerse clic na opción do menú da OPAX que figura baixo a epígrafe "Provisión de postos-Comisións de servizo". A seguir elixirase como tipo de solicitude "Solicitude de comisións de servizo" e, finalmente, elixirase a data da convocatoria para logo facer clic no botón "Crear" para que se nos mostre a instancia completa cos seus datos persoais. A instancia debe ser gravada primeiramente e quedará así en formato borrador ata que se proceda a asinar e presentar de

RESOLUCIÓN DEFINITIVA COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 27/12/2022

Publicouse na intranet e na páxina da consellería a Resolución de 18 de xaneiro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en comisión de servizos entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 27 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/10xDh75yMrFfmngQd_mIrnGBN8NgUaOrq/view?usp=sharing

FOLLA INFORMATIVA SOBRE AS VALORACIÓNS DA FASE DE MÉRITOS

Sobre as valoracións para a fase concurso de méritos dos apartados: A. Títulos e graos académicos: Ditas titulacións serán consultadas nas bases de datos do Ministerio de Educación, polo que non será necesario achegar os títulos correspondentes. C. Cualificacións de exercicios en procesos anteriores: Serán achegadas de oficio por parte da Administración, polo que non será necesario que as persoas opositoras soliciten certificados de notas. D. Servizos prestados na Administración de Xustiza: A acreditación do tempo de servizos prestados como funcionarios interinos na Administración de Xustiza, no ámbito do Ministerio de Xustiza, achegarase de oficio polo órgano competente. Con todo, cando a persoa aspirante achegue méritos como persoal interino en distintos territorios daquel polo que se presente, poderá achegar xustificante do tempo prestado como persoal interino ou substituto neses territorios ou no seu caso, e de non obrar no seu poder, xustificación de ser solicitados ao órgano cert

CONSULTA DAS LISTAXES DE INSCRIPCIÓN NOS CURSOS CELGA

Hoxe, 17 de xaneiro, o alumnado que fixo a preinscripción para os cursos celga e linguaxe administrativa medio e superior, poderá consultar, na aplicación web da escola oficial de idiomas, se foi admitido. Se resulta admitido, deberá, primeiro, formalizar a matrícula na aplicación e, despois, presentar a documentación. Presentación da documentación: Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, a documentación presentarase telematicamente desde o enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada. De ser ese o caso, a falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispor da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da lista de espera. O prazo para a pr

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na intranet a resolución coas adxudicacións das últimas prazas ofertadas o pasado de 11 de xaneiro, para a súa cobertura mediante substitución entre titulares. Podedes comprobar tamén dita adxudicación na ligazón que vos deixamos abaixo.  A incorporación ao posto de traballo en substitución será na data de efectos indicada na presente resolución e no correspondente acordo de substitución. Para a formalización desta incorporación expedirase dilixencia de constancia asinada polo/a superior funcional e pola persoa adxudicataria, dilixencia que deberá ser remitida nesa mesma data, á Dirección Xeral de Xustiza, por correo electrónico ao enderezo: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal. Ligazón:  https://drive.google.com/file/d/1-JDVCE9f26jsUIhE3H5XgBFJZICdkdsF/view?usp=sharing  

PROBLEMAS NA PERCEPCIÓN DOS ATRASOS DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

Segundo información recabada pola CIG, a administración autonómica informounos que a inmensa maioría das/os solicitantes da traxectoria profesional, tanto do grao I como do grao II, percibiron nestes días os emolumentos correspondentes aos atrasos do ano 2022, pero houbo determinado persoal ao que non se lle puido facer o ingreso correspondente debido a determinadas situaciónes extraordinarias, que se explican no documento que vos deixamos na ligazón. Este persoal percibirá as retribucións correspondentes a eses atrasos coa nómina de xaneiro, aínda que coa retención de IRPF correspondente ao pagamento de atrasos, que normalmente é algo máis elevada que a ordinaria.  Ligazón nota informativa: https://drive.google.com/file/d/1p9Ox8Pq0fsn8u8dzcb4nwe9NQK9FdKex/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 27/12/2022

S aíu publicada na intranet e na páxina web da consellería a Resolución do 12 de xaneiro de 20 23 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 27 de decembro de 2022. As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles (ata o 17 de xaneiro), contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1mBViM04ZHQ1S9oBccoT56YB9TRSIT_Z7/view?usp=sharing  

COBRO DOS ATRASOS DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

A administración autonómica está procedendo ao ingreso paulatino dos atrasos do ano 2022 da traxectoria profesional. Dito ingreso, como se comprometera a administración, fíxose na primeira semana posterior á finalización das festividades de nadal. Ao tratarse de emolumentos de 2022 figurarán como tal na certificación de haberes dese ano e, polo tanto non será necesario realizar unha declaración complementaria de IRPF, posto que os emolumentos percibidos, ainda que serán pagados en 2023, corresponden a 2022.  Ao aumentar coa percepción dos atrasos pola traxectoria profesional os emolumentos percibidos en global ao longo de 2022, a previsión da retención por IRPF tivo que ser reaxustada e, polo tanto, o tipo de retención aplicada agora vaise ver incrementada con respecto ao que se reflectiu na primeira nómina emitida en decembro que, por outra banda, é algo que ocorre normalmente ao longo do ano cando se percibe algunha remuneración non prevista ao inicio do ano.

REPORTAXE NA TVG SOBRE A CIG COMO SINDICATO MÁIS REPRESENTATIVO EN GALIZA

Na ligazón que vos deixamos abaixo podedes ver o programa televisado na TVG o pasado 9 de xaneiro, onde a CIG fixo un repaso sobre a realidad socio-laboral de Galiza e tamén da historia da CIG como sindicato. Os dereitos que a sociedade acadou non foron agasallos, senón conquistas. Ligazón TVG: https://i.gal/CIGnaTVG

NOVO AVISO DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na   intranet   o 11/ 01/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 12, 13 e 16 de xaneiro. A solicitude poderá cubrirse no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022 que vos deixamos na ligazón e que, unha vez asinado co certificado dixital profesional (mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX), a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1ozo1kb2P57WDbxCWiZrbXVTbB2ARKmVM/view?usp=sharing Ligazón Anexo II: https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing Ligazón solicitude xenérica PR004A: https://sede.xunta.

LISTAXES PROVISIONAIS APTAS/NON APTAS OBTENCIÓN CERTIFICADOS CELGA

Publicadas as listaxes provisionais das probas para a obtención dos certificados Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Resolución Celga 2: https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=7297370&name=DLFE-25126.pdf Listaxes aptas/non aptas Celga 2: https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=7297370&name=DLFE-25128.pdf    https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=7297370&name=DLFE-25127.pdf Resolución Celga 3: https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=7297371&name=DLFE-25129.pdf Listaxes aptas/non aptas Celga 3: https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=7297371&name=DLFE-25131.pdf https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=7297371&name=DLFE-25130.pdf   Resolución Celga 4: https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=7297372&name=DLFE-25134.pdf Listaxes aptas/non aptas Celga 4: https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=7297372&name=DLF

PUBLICADA A RESOLUCIÓN DA CONCESIÓN/DENEGACIÓN DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I e do grao II da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230110/AnuncioV0654-301222-0002_gl.pdf

PUBLICACIÓN DA RESOLUCIÓN SOBRE ESTIMACIÓN/DESESTIMACIÓN DE SOLICITUDES DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

Mañá está prevista a publicación no DOG   da  Resolución do 27 de decembro de 2022 pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I e do grao II da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia. Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de Galicia (OPAX).

TÁBOA RESUME PROCESOS SELECTIVOS - CORPOS XERAIS - 2023

 

PUBLICACIÓN E CONSULTA DO ANEXO III DO CONCURSO DE TRASLADOS

Publicouse no BOE do 29/12/2022 a Orde JUS/1304/2022, do 21 de decembro, pola que se resolve provisionalmente, apróbase a relación de persoas excluídas e anúncianse os lugares onde están ao dispor dos interesados/as os anexos III, do concurso de traslado entre persoal funcionario dos Corpos e Escalas de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado por Orde JUS/847/2022, do 12 de agosto e Resolucións do 18 de agosto de 2022, das Comunidades Autónomas. A partir do 30/12/2022 está operativa a consulta do Anexo III durante 10 días hábiles, ata 13 de xaneiro de 2023. Tanto se fuches adxudicatario provisional dunha praza coma se non consulta igualmente o Anexo III para verificar que están ben gravados os destinos solicitados. Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2022/12/29/pdfs/BOE-A-2022-23071.pdf Ligazón consulta Anexo III: https://aplicacionainoa.justicia.es/asistenteinscripcion/sap/bc/webdynpro/

CAMBIO DE ENTIDADE MÉDICA MUXEXU E NOVOS CADROS MÉDICOS

Podedes realizar neste mes de xaneiro o cambio de entidade médica e revisar tamén o cadro médico da vosa entidade asistencial. Ligazón cambio entidade médica: https://sedemugeju.gob.es/afiliacion-y-cotizacion/cambio-de-entidad-medica#edit-group-online Ligazón cadros médicos: https://www.mugeju.es/consulte-el-cuadro-medico-de-su-entidad-medica

TÁBOA RESUME DOS PROCESOS SELECTIVOS DO ANO 2023