Saltar ao contido principal

COMISIÓN DE SERVIZOS NA DELEGACIÓN DA MUXEXU DA CORUÑA - CORPO XESTIÓN

Esta convocatoria ten por obxecto permitir a provisión temporal, mediante comisión de servizo, de postos de traballo reservados ao persoal funcionario do Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza indicadas no Anexo I, na Delegación da MUXEXU da Coruña.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude axustada ao modelo que se achega como Anexo II desta resolución.

Deberá achegarse o informe do responsable da unidade ou centro de destino de orixe, así como calquera outra documentación que considere oportuna para ser valorada segundo os criterios de adxudicación.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente convocatoria no sitio web do Ministerio de Xustiza. Para iso, unha vez enchido e asinado electronicamente o Anexo II pola persoa solicitante, deberá remitilo, dentro do prazo establecido, ao seguinte correo electrónico: mugeju.personal@justicia.es. Enviarase  pola unidade de persoal da Mutualidade Xeral Xudicial un email de confirmación da recepción dos documentos.
No caso de que, por causas xustificadas, non se poida asinar dixitalmente esta solicitude, poderase
remitir a mesma asinada e escaneada, á dirección de correo indicado.

Ligazón convocatoria:

https://drive.google.com/file/d/15QrcHsFOx523iv57V80oy33REGfYPf9l/view?usp=sharing

Ligazón Anexo I:

https://drive.google.com/file/d/1Hwx52Wjnzu-_-tR5YXCu_rDH0UhwJUDt/view?usp=share_link

Ligazón Anexo II:

https://drive.google.com/file/d/1MSLtFLgvM_dIIsAm1G_eTMTomYh6jZoL/view?usp=sharing


Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.