Saltar ao contido principal

CONFERENCIA "A ADMINISTRACIÓN DIXITAL"

A Escola Galega de Administración Pública, no marco do Instituto de Economía Pública de Galicia, convoca para o 27 de xaneiro a conferencia "A administración dixital", coa finalidade analizar os efectos da transformación dixital nas organizacións públicas.

Persoas destinatarias: o persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia, así como a profesionais e persoas interesadas en xeral.

Lugar: salón de actos da EGAP, rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Modalidade: presencial.
Data: 27 de xaneiro de 2023.
Horario: de mañá.
Horas lectivas: 2.
Número de prazas: limitado pola capacidade do local.
Inscrición: desde as 9 horas do 24 de xaneiro ata as 23.55 horas do día 26 de xaneiro na área de matrícula da EGAP.

Ligazón:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.