Hoxe, 17 de xaneiro, o alumnado que fixo a preinscripción para os cursos celga e linguaxe administrativa medio e superior, poderá consultar, na aplicación web da escola oficial de idiomas, se foi admitido.
Se resulta admitido, deberá, primeiro, formalizar a matrícula na aplicación e, despois, presentar a documentación.
Presentación da documentación:
Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, a documentación presentarase telematicamente desde o enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. As escolas poderanlle solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para o cotexo da copia electrónica presentada. De ser ese o caso, a falta de presentación destes documentos no prazo establecido dará lugar á exclusión da persoa solicitante previamente seleccionada e a escola poderá dispor da súa praza para ser ocupada pola persoa correspondente da lista de espera.
O prazo para a presentación da documentación será ata o 20 de xaneiro de 2023.
Comentarios
Publicar un comentario