Saltar ao contido principal

PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE DE GRAO II - MÉDIC@S FORENSES E XESTORAS/ES PROCESUAIS

O 2 de febreiro de 2023 comeza o prazo de presentación de solicitudes do grao II do corpo de xestión procesual e administrativa e de médicos forenses convocado pola Resolución do 17 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de novembro de 2022, polo que se aproba o Acordo do 14 de novembro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.

A data de finalización de presentación das solicitudes é o 22.02.2023

Instrucións:

A solicitude debe facerse e presentarse obrigratoriamente de maneira telemática a través da OPAX. Ao entrar en OPAX, aparecerá, tanto no menú lateral coma nos accesos directos, unha ligazón a "traxectoria profesional". Ao premer no enlace de traxectoria profesional, o sistema informará a persoa solicitante se cumpre ou non os requisitos segundo os datos que figuran neste.

No primeiro caso (reúne requisitos): deberá acceder á solicitude, gravala, asinala e presentala.

No segundo caso (non reúne un ou varios dos requisitos): unha vez acceda á solicitude, deberá marcar o/s requisito/s que non consta/n precargado/s pero que a persoa solicitante pode acreditar; para o que achegará a documentación xustificativa correspondente xunto coa propia solicitude.

MOI IMPORTANTE: non basta con gravar a solicitude, hai que asinala e presentala a través da aplicación, cun certificado dixital ou mediante as credenciais de acceso á OPAX. No caso de que cree máis dunha solicitude, só será válida a última presentada. Na sección de "axuda", pode descargarse a guía de usuario coas instrucións para realizar a solicitude.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

MOBILIZACIÓNS EN MADRID SOBRE NEGOCIACIÓN DA LOEO, DETALLE DE FUNCIÓNS E MELLORAS SALARIAIS

  As/os delegadas/os da CIG Xustiza estiveron esta mañá na concentración convocada diante do Ministerio en Madrid apoiando as mobilizacións que se están a levar a cabo solicitando a paralización da tramitación da LOEO, unha regulación máis detallada das funcións dos distintos corpos así como un aumento salarial acorde a esas funcións.

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

MANIFESTACIÓN EN MADRID REIVINDICANDO MELLORAS NA LOEO, FUNCIÓNS E RETRIBUCIÓNS

Manifestación en Madrid sobre reclamación de melloras na negociación da LOEO, detalle de funcións e melloras retributivas para todo o estado.