Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

PRÓXIMA RESOLUCIÓN DEFINITIVA DO CONCURSO ESPECÍFICO NAS FISCALÍAS DE LUGO E OURENSE

Está previsto que o martes 07.03.2023 se publique no DOG a Resolución do 23 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión, polo sistema de concurso específico, de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Lugo e Ourense, convocado pola Resolución do 1 de decembro de 2022.

RECOÑECEMENTO DO GRAO II TRAS UNHA EXECUCIÓN XUDICIAL DE RECOÑECEMENTO DO GRAO I

En outubro de 2020 unha afiliada interina solicitou o recoñecemento do grao I da traxectoria profesional, tendo que recorrer  vía contenciosa trala desestimación por vía administrativa. O TSXG estimou a súa pretensión en xuño de 2022.   O pasado mes de novembro procedeuse pola D.X. á apertura do prazo para a solicitude do Grao I para todo o persoal e do Grao II para o de tramitación e auxilio que xa tivese recoñecido o I.  A compañeira solicitou o recoñecemento do Grao I “ad cautelam”, dado que a sentenza aínda non tiña sido executada e era o único que lle permitía realizar a opax e, á vez, o Grao II (por sede electrónica), dado que sería o que lle correspondería de terlle sido recoñecido o Grao I no seu momento.   En decembro de 2022 recoñéceselle o grao I con efectos económicos do 01.01.2022, séndolle abonados en xaneiro do 2023. Pero este pasado 17 de febreiro a D.X. emitiu unha resolución na que non só substitúe ese recoñecemento outor

XUNTANZA COMITÉ DE SAÚDE LABORAL - 24-02-2023

1.PROTOCOLO DE ACOSO O venres 24 de febreiro reuniuse o Comité de seguridade e saúde laboral para , entre outras cousas, acabar de negociar o protocolo para a prevención, detección actuación e resolución de situacións de acoso laboral e outras discriminacións no traballo na Administración de Xustiza. Aínda que nas nosas alegacións solicitabamos que se incluísen nel as situacións de acoso sexual e por razón de xénero, a Administración presentou un protocolo no que só se recolle o acoso laboral, comprometéndose a abordar de xeito urxente, non só un protocolo para ese tipo de acoso, senón tamén o plan de igualdade , obrigatorio dende hai uns anos. No último borrador recóllense boa parte das alegacións efectuadas por este sindicato, como son as medidas de prevención de mediación, un enderezo electrónico para a recollida de denuncias, un comité de intervención ao que van ir dirixidas esas denuncias, a coordinación entre as distintas Administracións. Unha vez asinado o texto final, daráselle

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS - QUENDA LIBRE - OEP 2020-2021-2022

Publicáronse as Ordes JUS/180/2023, do 21 de febreiro , JUS/181/2023, de 21 de febreiro e JUS/182/2023, de 21 de febreiro , polas que se aproban a relación provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para acceso libre, aos Corpos de Auxilio Xudicial, Tramitación Procesual e Administrativa e de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza. Ligazón listaxes totais Auxilio: https://drive.google.com/file/d/1dalpP6S9r_mT5zlHw3I91CwfLn0CvFtd/view?usp=sharing Ligazón listaxes totais Tramitación: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Relaci%C3%B3n%20provisional%20de%20admitidos%20y%20excluidos_Tramitaci%C3%B3n%20PA.pdf Ligazón listaxes totais Xestión: https://drive.google.com/file/d/107_06vK1nWRuefrxRAOsLks_MdEhUK6B/view?usp=sharing

NOMEAMENTO DOS TRIBUNAIS DAS PROBAS SELECTIVAS PARA ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE

Publicouse no BOE do 24 de febreiro a Orde JUS/155/2023, do 1 de febreiro, pola que se nomean os Tribunais cualificadores únicos dos procesos selectivos para ingreso, polo sistema xeral de oposición, quenda libre, aos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza.  Ligazón BOE: https://www.boe.es/boe/dias/2023/02/24/pdfs/BOE-A-2023-4951.pdf

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 24-02-2023

Publicouse na   intranet   o 24/ 2/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 27, 28 de febreiro e 1 de marzo. A solicitude poderá cubrirse no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022 que vos deixamos na ligazón e que, unha vez asinado co certificado dixital profesional (mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX), a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1pnZHA-Nahwrpk7_sF87MlaNbgMkOLeMZ/view?usp=sharing Ligazón Anexo II: https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing Ligazón solicitude xenérica PR004A: https://sed

CONVOCATORIA DO CONCURSO DE TRASLADOS DE MÉDIC@S FORENSES

Tal e como vos adiantaramos, publicouse no DOG do 20/02/2023 a RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados para a provisión de postos de traballo xenéricos vacantes no Instituto de Medicina Legal de Galicia para o corpo de médicos forenses. Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230220/AnuncioV0654-100223-0001_gl.pdf Ligazón prazas resultas Ministerio: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/PUESTOS%20A%20RESULTAS%20MIN%20JUSTICIA%20CONCURSO%202023.pdf    Ligazón prazas resultas CCAA: https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/PUESTOS%20A%20RESULTAS%20CCAA%20CONCURSO%202023.pdf

BAREMACIÓN DEFINITIVA CONCURSO ESPECÍFICO FISCALÍAS - CONVOCATORIA 01/12/2022

Publicouse a baremación definitiva das persoas admitidas no concurso específico para a provisión de postos de traballo singularizados en determinadas fiscalías de Galiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1noEKT16JHkhO9mR9Xt30KQoZlhtoNE_O/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DEFINITIVA COMISIÓN DE SERVIZOS PRAZA DIRECTOR/A IMELGA

Publicouse a R esolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se pon en coñecemento a adxudicación d efinitiva d un posto de director/a do Imelga en Galiza, c onvocado pola Resolución do 18 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1H4_HxZagkAGJMyBax4UwiiNLHHJaBNlv/view?usp=sharing

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN - CONVOCATORIA 09-02-2023

Publicouse na   intranet   e na páxina da consellería a   Resolución de 17 de febreiro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en substitución entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 9 de febreiro de 2023 da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1vk7D18zFYF0S9gH08ukBPI0U-cggpvs1/view?usp=sharing  

REMATE DO PRAZO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL PARA OS CORPOS DE XESTIÓN E MÉDIC@S FORENSES

Lémbrase que o vindeiro mércores, 22.02.2023 , finaliza o prazo para presentar as solicitudes da traxectoria profesional do grado II dos corpos de xestión procesual e administrativa e de médic@s forenses convocado pola  Resolución do 17 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza Instrucións:  A solicitude debe facerse e presentarse obrigratoriamente de maneira telemática a través da OPAX. Ao entrar en OPAX, aparecerá, tanto no menú lateral coma nos accesos directos, unha ligazón a "traxectoria profesional". Ao premer no enlace de traxectoria profesional, o sistema informará a persoa solicitante se cumpre ou non os requisitos segundo os datos que figuran na aplicación. No primeiro caso (reúne requisitos): deberá acceder á solicitude, gravala, asinala e presentala. No segundo caso (non reúne un ou varios dos requisitos): unha vez acceda á solicitude, deberá marcar o/s requisito/s que non consta/n precargado/s pero que a persoa solicitante pode acreditar; pa

RESOLUCIÓN DEFINITIVA COMISIONS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 13-01-2023

Publicouse na intranet e na páxina da consellería a Resolución de 15 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións definitivas de postos de traballo ofertados en comisión de servizos entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, convocados pola Resolución do 13 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1ypNN4v77maotUhM3ixNnKP6MDdY5Z228/view?usp=sharing  

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS DO CONCURSO DE TRASLADOS EN GALIZA - CORPOS XERAIS

Achegámosvos as listaxes da adxudicación definitiva de prazas do concurso de traslados de Galiza, ordenadas por provincias e alfabéticamente. Ligazón Auxilio Galiza: https://drive.google.com/file/d/1WWo10T5ucrPcRZbU2QicayDBJ8_lE9Qp/view?usp=sharing Ligazón Tramitación Galiza: https://drive.google.com/file/d/12ejBaezuxnsXOPKJ6WsVpxq8ApzRXXW3/view?usp=sharing Ligazón Xestión Galiza: https://drive.google.com/file/d/1POC_ekF1pvgqCQhkSd9XsWnYVTBH6CWT/view?usp=sharing

RESOLUCIÓN DEFINITIVA CONCURSO DE TRASLADOS 2022 - CORPOS XERAIS

O Ministerio de Xustiza ven de remitirnos as listaxes co concurso dos corpos xerais, que se publicarán tamén na web do Ministerio . A publicación no BOE está prevista para a semana do 6 ao 10 de marzo e os cesamentos serán graduais, o 23 de marzo tramitación, e o día 30 de marzo auxilio e xestión. Listaxe Auxilio: https://drive.google.com/file/d/1Ui0HGCDC4zKB_fJKYnkRloR-X2PbfLmp/view?usp=sharing Listaxe Tramitación: https://drive.google.com/file/d/1UejJaFKyR_2Uc4ueSwnMKtvcId-FIGVe/view?usp=sharing Listaxe Xestión: https://drive.google.com/file/d/1UcH9p6x3Ngzvl5Goz37VKxBHFuHIgZQC/view?usp=sharing

DATAS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - OEP 2022

O Subdirector Xeral de Acceso e Promoción do Persoal da Administración de Xustiza comunicounos que hoxe fixáronse coas CCAA as seguintes datas para a celebración dos exames correspondentes á convocatoria de procesos selectivos da quenda libre da OEP de 2022 dos corpos xerais: Auxilio: sábado 20 de maio Xestión: domingo 21 de maio Tramitación: sábado 27 de maio O chamamento será ás 9:00 horas.

CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS DOS CELGA 2, 3 E 4

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4. As persoas que desexen inscribirse nestes cursos deberán acceder á páxina web https://formacion-lingua.xunta.gal , seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición. Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na Secretaría Xeral de Política Lingüística unha vez que se complete correctamente o proceso de inscrición. Se nunca empregaches esta plataforma deberás proceder a crear unha nova conta en https://formacion-lingua.xunta.gal/login/signup.php? Cada persoa só poderá inscribirse nun único curso. Do contrario, quedará automaticamente excluída do proceso de selección. A fal

CONVOCATORIA MESA SECTORIAL - FOLGA LETRAD@S

A CIG ven de remitir ao Ministerio de Xustiza un escrito solicitando o seguinte:  "...Ante a situación orixinada nos xulgados e tribunais pola folga de Letradas e Letrados da Administración de Xustiza, solicitamos do Ministerio de Xustiza a convocatoria da Mesa Sectorial de maneira urxente para tratar de abordar a problemática xurdida e paliar os efectos que esta convocatoria de folga está a orixinar nos órganos xudiciais. Como lexítimos representantes que somos tanto do corpo de letrados como dos corpos xerais, é necesario non só tratar a situación actual senón tamén un plan de actuación para mitigar as consecuencias que este paro está a provocar, posto que a parálise dalgúns trámites conleva un atasco na tramitación dos procedementos que unha vez rematada a folga supoñerá un aumento descomunal no volume de traballo do persoal dos corpos xerais da Administración de Xustiza..." Ligazón escrito Ministerio: https://drive.google.com/file/d/155HWRzk60InuWwk82-AN3LTfyPResAM6/view?

PLAN FORMATIVO OFIMÁTICO DE GALIZA

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2023 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG). Matrícula aberta desde as 8 horas do 14 de febreiro ata as 23.55 horas do 20 de febreiro Máis información en:  https://egap.xunta.gal/fichanova/id/4152 Ligazón DOG: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230213/AnuncioO150-020223-0001_es.pdf

CORRECCIÓNS DE ERROS DAS CONVOCATORIAS DOS PROCESOS SELECTIVOS E DE ESTABILIZACIÓN 2022

No BOE de hoxe publícanse correccións de erros de varios dos procesos selectivos convocados en decembro do ano pasado. Orde JUS/107/2023, do 31 de xaneiro , pola que se corrixen erros na Orde JUS/1327/2022, do 28 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo extraordinario para acceso por quenda libre, aos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, polo sistema de concurso oposición. Ligazón: https://www.boe.es/boe/dias/2023/02/09/pdfs/BOE-A-2023-3389.pdf Orde JUS/108/2023, do 31 de xaneiro , pola que se corrixen erros na Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, pola que se convoca proceso selectivo para acceso polo sistema xeral de acceso libre, aos Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza. Ligazón: https://www.boe.es/boe/dias/2023/02/09/pdfs/BOE-A-2023-3390.pdf Orde JUS/106/2023, do 30 de xaneiro , po

NOVA OFERTA DE PRAZAS EN SUBSTITUCIÓN

Publicouse na   intranet   o 9/ 2/2023 o aviso de prazas vacantes ou desocupadas de xeito temporal, para proceder a súa cobertura por medio de substitución, o que tamén poderedes comprobar na ligazón que figura ao pe desta nova. O prazo de presentación de solicitudes será o 10, 13 e 14 de xaneiro. A solicitude poderá cubrirse no ordenador, en formato pdf, se descargades o formulario do Anexo II da Resolución do 18 de maio de 2022 que vos deixamos na ligazón e que, unha vez asinado co certificado dixital profesional (mentres non se habilite a opción de solicitude por medio da OPAX), a teredes que remitir a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o modelo de solicitude xenérica PR004A. Ligazón oferta prazas substitución: https://drive.google.com/file/d/1Tn9uSfy8_6euP18VzzqsYmqVjuze_z_P/view?usp=sharing Ligazón Anexo II: https://drive.google.com/file/d/1h5GLlqe8AEjFH-FWZ_VmyD0QPMEoR3ZK/view?usp=sharing Ligazón solicitude xenérica PR004A: https://sede.xunta.ga

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL COMISIÓNS DE SERVIZO - CONVOCATORIA 19/01/2023

S aíu publicada na intranet e na páxina web da consellería a Resolución do 8 de febreiro de 2023 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 19 de xaneiro de 2023. As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles (ata o 13 de febreiro), contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e máis na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1kJ7QCmsroWxk_NNFWF1cye7gRCRn7T0R/view?usp=sharing  

ADXUDICACIÓN PROVISIONAL COMISIÓN DE SERVIZOS IMELGA - CONVOCATORIA 18/01/2023

S aíu publicada na intranet e na páxina web da consellería a Resolución do 8 de febreiro de 20 23 , da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario do  corpo de Medic@s Forenses, convocados pola Resolución do 18 de xaneiro de 2023. As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles (ata o 13 de febreiro), contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e mais na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/11pz7HgCx8k1aLz_wTlJ5u0q2zmPys7iq/view?usp=sharing    

URXENTE !!! PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN - PETICIÓN CERTIFICACIÓN SERVIZOS PRESTADOS

Unha vez finalizados os prazos de presentación de instancias para os distintos procesos de estabilización e xa que os períodos de presentación de méritos son curtos, recomendámosvos que vaiades xuntando toda a documentación necesaria.  Para a acreditación dos servizos prestados, segundo nos informou o Ministerio de Xustiza, vai ser precisa unha certificación dos mesmos cando se traballase en territorio transferido como persoal interino ou se fixese algunha substitución.  Para evitar posibles apuros de última hora, podes ir solicitándoo xa seguindo estes doados pasos:  Accede á sede electrónica da Xunta premendo nesta ligazón:  https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica A continuación pedirache que te identifiques cun certificado dixital (vale a tarxeta profesional) e logo haberá que incluir nos campos indicados o texto que se indica na seguinte  imaxe. Finalmente debera de asinarse e presentarse dita solicitude a fin de que logo poda ser cursada pola adminitración

POSIBLES DATAS DE EXAME DAS PROBAS DE ACCESO AOS CORPOS XERAIS - QUENDA LIBRE - SISTEMA DE OPOSICIÓN

Segundo comentou a administración, estase a valorar, como datas de posible celebración das probas selectivas para acceso polo sistema de oposición, na quenda libre, para os corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, ben algún dos fins de semana de xuño ou de xullo, coa intención ademais de facer coincidir os exercicios dos tres corpos na mesma fin de semana. Esta información debe de tomarse coa debida cautela, posto que no desenvolvemento dos procesos de oposición están implicadas moitas administracións e polo tanto resulta difícil concertar as datas de celebración.

BAREMACIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO ESPECÍFICO - FISCALÍAS LUGO E OURENSE

Publicouse na intranet o Acordo de 1 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se aproba a listaxe de baremación provisional das persoas admitidas no concurso específico para a provisión de postos de traballo singularizados nas oficinas fiscais de Galiza de Lugo e Ourense. Ligazón: https://drive.google.com/file/d/1n0Zho5oJmuyvGU_zZWvZAtAKqUxpi-3u/view?usp=sharing

RESUME DE PERMISOS E VACACIONS 2023

 

CAMPAÑA ANUAL DE VIXILANCIA DA SAÚDE

Saiu publicada no DOG a Resolución do 26 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade á campaña de vixilancia periódica da saúde para o ano 2023 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia. O prazo de inscrición será de 4 meses desde o día seguinte á publicación no DOG (do 2 de febreiro ata o 2 de xuño). A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible na OPAX (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza). Ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230201/AnuncioV0654-260123-0001_es.pdf