Saíu publicada na intranet e na páxina web da consellería a Resolución do 8 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publican as adxudicacións provisionais de postos de traballo entre persoal funcionario dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza convocados pola Resolución do 19 de xaneiro de 2023.
As persoas interesadas poderán formular reclamacións no prazo de 3 días hábiles (ata o 13 de febreiro), contado desde a publicación desta resolución na intranet de Xustiza e máis na web da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo.
Ligazón:
https://drive.google.com/file/d/1kJ7QCmsroWxk_NNFWF1cye7gRCRn7T0R/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario